Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Audio da conferencia de Ricardo Robledo

Audio da conferencia de Ricardo Robledo

A conferencia «Historia Científica vs. Historia de combate na II República. Viño novo en odres novos?» de Ricardo Robledo pódese descargar ou ser escoitada on line na Canle de Nomes e Voces de Ivoox. A conferencia que Ricardo Robledo desenvolveu o pasado 10 de abril forma parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que promove o grupo Histagra.

Gardado en Conferencias 4 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia, II República

Conferencia de X. Labrador. «Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica»

Conferencia de X. Labrador. «Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica»

O próximo xoves, día 12 de xuño, ás 12 h., o grupo Histagra dálle continuidade ao ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» coa internvención do profesor asistente no Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University Xermán Labrador que ofrecerá unha conferencia que leva por título «Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica».

Gardado en Conferencias 3 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia

Preséntanse as conclusións do proxecto «Nomes e Voces» no Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia»

Preséntanse as conclusións do proxecto «Nomes e Voces» no Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia»

O próximo mércores 11 de xuño, Lourenzo Fernández Prieto, membro de Histagra e responsable do proxecto «Nomes e Voces» presentará o relatorio «Conclusións do proxecto de nomesevoces.net. Para unha nova ollada sobre o pasado incómodo» nunha sesión do Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia» que se desenvolverá das 12 ás 14 h. na Sala Ramón Carande do Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC en Madrid.


Gardado en Conferencias 2 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Memoria, Franquismo, Investigación, Represión
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez