Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Conferencia de Miguel Anxo Murado sobre a construción da memoria da República e a Guerra Civil.

Conferencia de Miguel Anxo Murado sobre a construción da memoria da República e a Guerra Civil.
O xornalista e analista Miguel Anxo Murado ofrecerá unha conferencia co título «República e Guerra Civil. A construción da memoria» o próximo mércores día 7 de abril. Será ás 12 horas na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia.
Gardado en Conferencias 31 de marzo de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia, II República

Rodríguez Rivero sobre «La genealogía genocida del franquismo» en 'Babelia'

Rodríguez Rivero sobre «La genealogía genocida del franquismo» en 'Babelia'

Na súa colaboración no suplemento «Babelia» de El País na súa edición do 15 de marzo, o escritor, editor e comentarista cultural Manuel Rodríguez Rivero fíxose eco de La genealogía genocida del franquismo, o libro de Antonio Míguez Macho, membro de Histagra. Rodríguez Rivero cualifica a obra de Míguez Macho como un «solvente ensaio» e «unha importante achega a un debate que non cesa» na que «traza unha iluminadora xenealoxía do concepto de práctica xenocida».

Gardado en Publicacións 25 de marzo de 2014 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez