Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

'Xornadas sobre a represión franquista e a muller' en Pontevedra

'Xornadas sobre a represión franquista e a muller' en Pontevedra

O vindeiro 7 e 8 de xuño celebraránse en Pontevedra as 'Xornadas sobre a represión franquista e a muller'. Un programa que contará con diferentes actividades culturais e artísticas ademais dun simposio sobre a represión franquista en Galicia (1936-1975) titulado 'As mulleres: vítimas da represión, protagonistas da resistencia' que se celebrará no Pazo da Cultura os próximos 7 e 8 de xuño e no que participarán Andrés Domínguez Almansa e Julio Prada Rodríguez, membros do Proxecto 'Nomes e Voces', entre outros investigadores.

Gardado en Xornadas 29 de maio de 2013 | sen comentarios

A arte rebélase contra a herdanza do franquismo. Unha exposición e xornadas críticas contra a merma da liberdade de expresión e o avance do fascismo

A arte rebélase contra a herdanza do franquismo. Unha exposición e xornadas críticas contra a merma da liberdade de expresión e o avance do fascismo

Jorge Galindo: 'Miseria', 2004 e Nuria Güell: 'Invitación a la Escma. Sra. Doña Carmen Franco Polo, Duquesa de Franco'

Unha exposición e xornadas críticas contra a merma da liberdade de expresión e o avance do fascismo.

O vindeiro venres 5 de xullo unha vintena de artistas se aúnan contra a censura e o crecente avance do fascismo. Baixo a convocatoria da plataforma Artista Antifascistas, os creadores participantes articularán unha visión crítica sobre o sinistro e actual legado do xeneral na nosa sociedade. Estas jornadas e exposición son tambén unha acción política en defensa da libertade de expresión, por elo desenvólvense a unha semana do xuizo ao artista Eugenio Merino, por danos ao honor do ditador, que ten iniciado co éxito a Fundación Nacional Francisco Franco.

Gardado en Exposicións 20 de maio de 2013 | sen comentarios

Novo libro do Profesor Núñez Seixas: 'Dionisio Ridruejo. Cuadernos de Rusia diario 1941-1942'

Novo libro do Profesor Núñez Seixas: 'Dionisio Ridruejo. Cuadernos de Rusia diario 1941-1942'

O Profesor Xosé Manoel Núñez Seixas (Ludwig Maximilians Universität München) ven de publicar o libro: Dionisio Ridruejo. Cuadernos de Rusia diario 1941-1942 (fórcola, 2013) prologado polo Profesor Jordi Gracia (Universidad de Barcelona)

Cuadernos de Rusia, a obra cume da literatura memorialística sobre a División Azul, redactounos Dionisio Ridruejo entre outono de 1942 e primavera de 1943, desde o confinamento en Ronda, á súa volta do fronte ruso. Editados de forma póstuma a finais dos anos 70 do século pasado, agora cobran nova luz –nesta edición crítica e definitiva, a cargo do historiador Xosé M. Núñez Seixas–, cando a súa figura ten quedado xa situada sen vacilación na historia intelectual e política española do século xx.


Gardado en Publicacións 20 de maio de 2013 | sen comentarios

Petición para a liberación da autora e tradutora de obras históricas Ayse Berktay, activista da muller en Turquía

Petición para a liberación da autora e tradutora de obras históricas Ayse Berktay, activista da muller en Turquía

A principios do mes de outubro de 2011, Ayse Berktay, autora e tradutora de obras históricas e activista da muller en Turquía, foi detida como parte dunha ofensiva que relaciona o ilegalizado partido legal para a paz e a democracia (BDP)

Gardado en Noticias 14 de maio de 2013 | sen comentarios

A investigadora nixerina Zeinabou Hamidou Leyo visita "Nomes e Voces" no marco das súas pesquisas de xénero

A investigadora nixerina Zeinabou Hamidou Leyo visita "Nomes e Voces" no marco das súas pesquisas de xénero

A investigadora nixerina Zeinabou Hamidou Leyo, adscrita á Dirección Nacional do Empoderamento Económico da Muller (DAEF) visita hoxe o Proxecto Nomes e Voces para coñecer in situ o traballo que o equipo de investigadores ten realizado sobre a represión da muller en Galicia entre 1936 e 1939.

Gardado en Noticias 14 de maio de 2013 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez