Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Emilio Grandío participa na presentación do libro: WINNIPEG de Hixinio Puentes

Emilio Grandío participa na presentación do libro: WINNIPEG de Hixinio Puentes

A Casa Museo Casares Quiroga e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro: WINNIPEG de Hixinio Puentes. O acto, contará coa participación de Emilio Grandío, Manuel Bragado e o autor.

A novela rescata a peripecia vital dos irmáns Pita Armada, refuxiados na guerra civil, embarcados no buque que fletó en Francia o poeta Pablo Neruda para chegar a América.

Terá lugar o xoves, 25 de abril, ás 20:00 h. na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas, 12 da Coruña.

Gardado en Presentacións 24 de abril de 2013 | sen comentarios

Na prensa: 'Fernández Prieto alerta da posíbel desaparición do proxecto Nomes e Voces'

O diario Sermos Galiza publica hoxe a seguinte nova referente ao Proxecto Nomes e Voces: 'Fernández Prieto alerta da posíbel desaparición do proxecto Nomes e Voces'

Gardado en Prensa 16 de abril de 2013 | sen comentarios

Actos de Homenaxe á República da CRMHC

Actos de Homenaxe á República da CRMHC

Co gallo desta homenaxe a CRMH d'AC elaborou un cuadríptico coa semblanza de Elvira Varela Bao, un texto  realizado polo Investigador de 'Nomes e Voces', Xurxo Pantaleón Cadilla, que acompañamos nesta nova como documento adxunto.

Gardado en Homenaxes 8 de abril de 2013 | sen comentarios

Lourenzo Fernández participa en la XXX Semana galega de filosofía: “filosofía e memoria”

Lourenzo Fernández participa en la XXX Semana galega de filosofía: “filosofía e memoria”

Do 1 ao 5 de abril celebrase en Pontevedra a 'XXX Semana galega de filosofía: “filosofía e memoria”', organizada pola Aula Castelao de Filosofía.

O programa deste ano conta coa participación de reputados ponentes, galegos e foráneos, que abordarán a memoria de xeito multidisciplinar.

Gardado en Xornadas 3 de abril de 2013 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez