Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación do libro "Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013)

Presentación do libro "Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013)

O vindeiro venres 22 de febreiro ás 20.00h., no Museo Casares Quirora na Coruña, presentarase o libro Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013).

O acto, organizado polo Ateneo Republicano de Galicia coa colaboración da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña, O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e o grupo HISTAGRA, será presentado por Jesús Mosquera, Presidente da Fundación Luis Tilve, e contará coa participación do Profesor da USC Lourenzo Fernández Prieto e Jorge Marco, colaborador do Profesor Aróstegui na Cátedra Memoria Histórica do século XX na UCM.

Gardado en Presentacións 21 de febreiro de 2013 | sen comentarios

Nova publicación do Profesor Julio Prada (ed.): "Franquismo y represión de género en Galicia" (Catarata, 2013)

Nova publicación do Profesor Julio Prada (ed.): "Franquismo y represión de género en Galicia" (Catarata, 2013)

O Profesor Julio Prada (Universidade de Vigo) ven de publicar como editor o libro "Franquismo y represión de género en Galicia" (Catarata, 2013). Nesta obra analiza a represión implementada sobre as mullerese e as súas características. No libro tamén participan: María Concepción Álvarez Gómez, Beatriz Nieto Outumuro, Xoel Díaz Alonso e Alejandro Rodríguez Gutiérrez.

Julio Prada Rodríguez, coordinador do Proxecto "Nomes e Voces" é Profesor titular de Historia Contemporánea na Facultade de Historia de Ourense (Universidade de Vigo) e licenciado en Dereito. Está especializado no estudo da violencia política, a Segunda República e o primeiro franquismo, ámbitos nos que ten publicado unha docena de libros e máis dun centenar e medio de artigos e aportacións a congresos. Entre os seus últimos traballos destaca La España masacrada. La represión franquista de guerra y posguerra (2010) e Geografía de la represión franquista en Galicia (2011).

"Si hay algo que caracterice a la represión implementada sobre las mujeres es su carácter sistémico e integral. Las mujeres no solo fueron castigadas por su implicación en actividades políticas o sociales de carácter izquierdista durante la República, por participar en la resistencia al golpe militar de julio de 1936 o por haber sido corresponsables de los “excesos” cometidos en la retaguardia en aquellas zonas que permanecieron más o menos tiempo bajo control de la República. Ni siquiera se las consideró solamente culpables por sus propios “pecados” y por los ajenos, pues buena parte de las represaliadas lo fueron por ser madres, hermanas, esposas o compañeras de varones buscados por las autoridades por diferentes motivos. También lo fueron por su mera condición de mujeres, por transgredir unos valores tradicionales que los rebeldes consideraban consustanciales a su naturaleza y que impusieron por la fuerza, lo cual supuso para todas ellas, cualquiera que fuese su significación política o social o su ausencia de ella, renunciar a una parte de su propia identidad. Represión, coerción y control social interactúan y se entremezclan de este modo para garantizar la perpetuación de la tradicional división de roles y la restauración del viejo orden amenazado por los tímidos avances experimentados en la etapa republicana. Desde esta perspectiva, puede afirmarse, sin temor a errar, que las mujeres fueron las grandes derrotadas de la debacle del treinta y seis." [Editorial]

Gardado en Noticias 14 de febreiro de 2013 | sen comentarios

'Nomes e Voces' colabora coa Universidade de Navarra no baleirado de Causas Militares do Arquivo Militar de Ferrol

'Nomes e Voces' colabora coa Universidade de Navarra no baleirado de Causas Militares do Arquivo Militar de Ferrol

O Proxecto 'Nomes e Voces' ven de asinar un convenio de colaboración coa Universidade Pública de Navarra a través do Profesor Emilio Majuelo (Profesor titular de Historia Contemporánea na UPNA) para baleirar as causas militares contra cidadáns navarros existentes no Arquivo Intermedio Militar Noroeste con sede en Ferrol para o período da Guerra Civil.

O investigador responsable deste traballo será Lourenzo Fernández Prieto, director do Proxecto, e no que participarán os membros do equipo de 'Nomes e Voces': Emilio Grandío Seoane, Dionísio Pereira, Julio Prada Rodríguez, Xosé Manoel Núñez Seixas, Andrés Domínguez Almansa, Gustavo Hervella García, Xurxo Pantaleón Cadilla e Chus Martínez Domínguez.

A investigación desenvolverase ao longo do ano 2013. 

Gardado en Noticias 11 de febreiro de 2013 | sen comentarios

Hoxe na prensa: "Garzón y Manuel Rivas, en un documental gallego sobre la represión franquista" (Mar Mato, Faro de Vigo)

Hoxe na prensa: "Garzón y Manuel Rivas, en un documental gallego sobre la represión franquista" (Mar Mato, Faro de Vigo)

Estase a realizar un proxecto audiovisual sobre a represeión franquista en Galicia, financiado grazas a aportacións de aficionados. Os protagonistas da cinta son dous fillos de represaliados durante a Guerra Civil. A iniciativa parte da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, según sinala o director Xosé Abad.

Gardado en Noticias 7 de febreiro de 2013 | sen comentarios

Entrevista ao investigador Francisco Leira (HISTAGRA) polo seu Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”

Entrevista ao investigador Francisco Leira (HISTAGRA) polo seu Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”

O xornal La Voz de Galicia ven de publicar unha entrevista realizada por Tamara Mato ao investigador Francisco Leira, polo seu Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”. Na entrevista concedida,  Leira resposta a cuestións relacionadas co estudo do exército sublevado na guerra civil española.

Gardado en Noticias 7 de febreiro de 2013 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez