Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Morre o historiador Julio Aróstegui

Morre o historiador Julio Aróstegui

Morreu en Madrid Julio Aróstegui (Granada, 1939), Catedrático emérito da Universidad Complutense e un dos máximos especialistas sobre a Guerra Civil e Historia Contemporánea española, membro do Consejo Asesor de "La Aventura de la Historia".

Gardado en Noticias 30 de xaneiro de 2013 | sen comentarios

Presentación do libro do Proxecto 'Nomes e Voces': "A represión franquista na comarca da Coruña" en Carral

Presentación do libro do Proxecto 'Nomes e Voces': "A represión franquista na comarca da Coruña" en Carral

Hoxe xoves 24 de xaneiro ás 20.30 horas presentarase na Casa de Cultura de Carral o libro "A represión franquista na comarca da Coruña" (Laiovento, 2012), do Proxecto Nomes e Voces. Esta actividade desenvólvese no marco das VIII Xornadas de recuperación da memoria histórica.

No acto participarán Emilio Grandío, Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces'; Xurxo Pantaleón, Investigador do Proxecto 'Nomes e Voces' e Francisco Pillado Mayor de Edicións Laiovento.

A obra recolle as semblanzas de 600 persoas asasinadas, así como numerosas fotografías e material gráfico recollido polo Proxecto "Nomes e Voces" durante o seu traballo de investigación.

"Este libro pretende recuperar a memoria histórica, ou sexa, a memoria da represión con que o franquismo estragou a comarca da Coruña. Mais é tamén un acto de xustiza para reparar tanta dor e sacrificio e, así mesmo, unha achega para coñecer a verdade. Como dicía Castelao nunha das súas estampas, non enterraron cadáveres, senón semente.

É unha publicación que quere iluminar, como aquel libro do escudo constitucional do Concello da Coruña da IIª República que difundía, por riba da Torre de Hércules, un resplandor luminoso de Progreso e Liberdade (curiosamente, estas foron as dúas primeiras rúas que suprimiron os granquistas cando se fixeron cargo da primeira corporación municipal).

Tendes na man un traballo que quere recordar o pasado, se cadra os acontecementos máis traumáticos que padeceu esta sociedade, máis tamén tenta rememorar o papel da cidade da Coruña e a súa comarca como a referencia máis dinámica e transformadora do noso país. Nesta bisbarra tiveron un protagonismo especial todo tipo de movementos sociais, foi o berce do movemento obreiro, maiormente anarcosindicalista, máis tamén de influxo socialista nalgúns sectores, espazo en que se desenvolveu un agrarismo que destacaba pola súa relación coas ideas socialistas ou libertarias.

Despois da longa noite de pedra da ditadura franquista e de moitos anos de silencio, é hora de homenaxear as vítimas, reparar tanta inxustiza, coñecer a verdade e gardar as súas vidas na nosa memoria colectiva." [Editorial]

Gardado en Xornadas 24 de xaneiro de 2013 | sen comentarios

Publicación dos actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento do Dr. Manuel Díaz González, 'O Pequeniño do Incio'

Publicación dos actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento do Dr. Manuel Díaz González, 'O Pequeniño do Incio'

Manuel Díaz González 'O Pequeniño do Incio'

Co gallo do 75 aniversario do pasamento do do Dr. Manuel Díaz González [1886-1936] 'O Pequeniño do Incio' vense de publicar un libro homenaxe no que tamén participou o Proxecto 'Nomes e Voces' xunto á Familia Díaz.

A publicación recolle os diferentes actos conmemorativos que se celebraron no Incio (Lugo) no mes de novembro de 2011 con motivo do 75 aniversario do pasamento de Manuel Díaz González, coñecido como o "Pequeniño".

Manuel Díaz González, médico de profesión, foi paseado en setembro de 1936 na estrada Bóveda-Incio, no punto denominado "Casilla da Serra"-Eirexalba-Incio.

O programa de ditos actos contou coa presenza de diferentes personalidades ligados ao ámbito da investigación histórica, á escrita, á mediciña e ao xornalismo. Impartiron conferencias Xosé Ramón Fandiño Veiga -escritor e xornalista-, Xosé Alvilares Moure -Teólogo e escritor-, Lourenzo Fernández Prieto -Profesor de Historia Contemporánea na USC e  director do Proxecto Interuniversitario  “Nomes e Voces", Claudio Rodríguez Fer -Catedrático de Literatura na USC , poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil-, David Simón Lorda -Médico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia-. José Luis Díaz Gómez -Médico investigador da Universidade Nacional Autónoma de México e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do que é sobriño-.

Asimesmo, proxectouse unha mostra documental sobre o que foi médico municipal e descubriuse un busto erixido en memoria do doutor Manuel Díaz González [1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral, acompañados pola actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Todas estas actividades quedan ilustradas nesta obra que conta con textos dos protagonistas.

Información relaiconada:

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2013/02/libro-de-homenaje-y-recuerdo-de-o.html

Gardado en Homenaxes 14 de xaneiro de 2013 | Un comentario

IV Encuentro de Jóvenes Investigadores en Historia Contemporánea Valencia 2013

IV Encuentro de Jóvenes Investigadores en Historia Contemporánea Valencia 2013

O prazo para mandar propostas de comunicacións para o IV Encuentro de Jóvenes Investigadores en Historia Contemporánea Valencia 2013 cerraráse o vindeiror 15 de xaneiro.

A mesa 'Construir Comunidades coordinada por Matthew Kerry busca aunar propostas acerca da formación e sostemento de todo tipo de comunidades, buscando puntos de encontro entre aproximacións distintas.

Desde as aldeas até as nacións (as comunidades ‘imaxinadas’ de Benedict Anderson), as comunidades son un aspecto imprescindible da experiencia cotián. A pesares do proceso de mundialización, o locus xeográfico segue sendo de suma importancia; é máis, hoxe en día é un termo cunha forte carga emotiva. Máis que conformarse cunha conceptualización ríxida, proponse a consideración de comunidades múltiples, superpostas e, ás veces, opostas.


Gardado en Congresos 11 de xaneiro de 2013 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez