Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Celebración das 'II Xornadas "Memoria dun tempo' en O Barqueiro

Celebración das 'II Xornadas "Memoria dun tempo' en O Barqueiro

Os vindeiros días 23, 24 e 25 de agosto celebraranse en O Barqueiro as "II Xornadas "Memoria dun tempo", organizadas polo Colectivo 'Memoria e Dinidade'.


Programa

Xoves 23 de agosto, Bar O Barqueiro (O Barqueiro)

20.00 horas

Proxección do documental: Memorias rotas (A balada do Comandante Moreno)

Intervención do historiador Eliseo Fernández

Venres 24 de agosto, Bar O Barqueiro (O Barqueiro)

20.00 horas

Conferencia de Alejandro Rodríguez sobre a guerrilla antifranquista en Galiza-León

Sábado 25 de agosto, As Grañas do Sar

10.00 horas

Camiñata da memoria para falar da Guerrilla entre A Faladoira e o Xistral 

14.00 horas

Xantar de Irmandade

16.00 horas

Valoración das actividades e intervención de Alejandro Rodríguez

20.00 horas, Bar O Barqueiro (O Barqueiro)

Presentación do libro do Profesor Emilio Grandío: Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la guerra civil española, e a historia de Faustino Vázquez Carril

Gardado en Presentacións 31 de xullo de 2012 | sen comentarios

Consulta o libro "José Pasín Romero: memoria do proletariado militante de Compostela (1878-1960)" de Dionísio Pereira na nosa Web

Consulta o libro "José Pasín Romero: memoria do proletariado militante de Compostela (1878-1960)" de Dionísio Pereira na nosa Web

O pasado mes de abril, o investigador e economista Dionisio Pereira publicaba o seu último libro: José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.

Agora presentamos esta obra na nosa sección de especiais, onde o autor ofrece un resumo dos capítulos que integran o estudo sobre esta destacada personalidade da cidade de Compostela.

Gardado en Especiais 23 de xullo de 2012 | sen comentarios

Clausura do II Congreso Galeusca-Historia

Clausura do II Congreso Galeusca-Historia

Ven de celebrarse en Bilbao o II Congreso Galeusca-Historia baixo o título de 'Naciones en el Estado-nación: la formación cultural y política de naciones en la Europa contemporánea'

Gardado en Congresos 10 de xullo de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez