Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura

I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura

Entre o 20 e 22 de xuño, celebrarase no Campus de Ourense as I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura, dirixidas polos profesores e especialistas en represión franquista: Julio Prada (Universidade de Vigo) e Abdón Mateos (Universidad Autónoma de Madrid) e orgaizadas desde a UNED.

Gardado en Xornadas 20 de xuño de 2012 | sen comentarios

Presentación dos libros "Vixiados" e "A represión franquista na comarca de Galicia" en Sada

Presentación dos libros "Vixiados" e "A represión franquista na comarca de Galicia" en Sada

O acto está organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada e colaboración da Editorial Laiovento, a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña o Proxecto Nomes e Voces

Gardado en Presentacións 20 de xuño de 2012 | sen comentarios

Na prensa: "Tiro de graza á memoria da represión" (Belén Puñal, Sermos Galiza)

O xornal Sermos Galiza publica un artigo de Belén Puñal sobre a investigación do Proxecto 'Nomes e Voces' en relación coa investigación da represión franquista en Galicia entre os anos 1936 e 1939.

Nel aborda o posible remate do Proxecto a finais deste ano, e repasa os resultados acadados nos seis anos de desenvolvemento do estudo.

Na reportaxe entrevista ao Investigador Principal, Lourenzo Fernández Prieto e ao resto de investigadores.

Gardado en Noticias 18 de xuño de 2012 | sen comentarios

Homenaxe aos cidadáns portugueses represaliados na guerra civil en Castrelo do Val

Homenaxe aos cidadáns portugueses represaliados na guerra civil en Castrelo do Val

O día 22 de agosto de 1936, tres traballadores do camiño de ferro Zamora-Ourense de nacionalidade portuguesa, foron asasinados no lugar de Monte da Ladeira (Castrelo do Val, Ourense). 76 anos despois, o Concello de Castrelo do Val, o Proxecto "Nomes e Voces" e a Asociación Cultural "Os Carrilanos" de Campobecerros, acordaron poñer unha placa no lugar onde descansan os restos dun deles e realizar unha unha homenaxe aos cidadáns represaliados na guerra civil na bisbarra.

Gardado en Homenaxes 18 de xuño de 2012 | Un comentario

La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución

La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución

O Profesor Xosé Manoel Núñez Seixas ven de publicar o libro "La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución" (Editorial Comares, S.L., 2012).

Gardado en Noticias 15 de xuño de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez