Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Na prensa: "Cartografía de la memoria"

Na prensa: "Cartografía de la memoria"

Paola Obelleiro analiza o traballo que o profesor estadounidense John Thompson ven realizando sobre os monumentos galegos ás vítimas do franquismo para reivindicar a súa utilidade pedagóxica.

Cartografía de la memoria, El País
Gardado en Prensa 27 de xuño de 2012 | sen comentarios

A USC e a Deputación de Lugo asinan un convenio para o desenvolvemento do proxecto ‘Nomes e Voces’

A USC e a Deputación de Lugo asinan un convenio para o desenvolvemento do proxecto ‘Nomes e Voces’

O pasado día 21 de xuño, o reitor da USC, Juan Casares, asinou en Lugo un convenio de colaboración coa Deputación desta provincia para a colaboración entre as dúas institucións no desenvolvemento do proxecto ‘Nomes e Voces’. A dotación de 30.000 euros servirá para apoiar o desenvolvemento do labor de investigación posto en marcha por este grupo onde están presentes os máximos especialistas na temática da represión en Galicia, dirixidos polo catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto.

O proxecto de investigación Nomes e Voces naceu en 2006 a través dun acordo das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura, co obxectivo de estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas. O proxecto pretende desenvolver unha investigación histórica profunda e completa sobre a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista, con especial atención aos asasinados e represaliados durante ese período.

Novas relacionadas:

Todos los nombres
ABC
El Progreso
Xornal da USC

Gardado en Noticias 25 de xuño de 2012 | sen comentarios

Campobecerros homenaxea os carrilanos portugueses asasinados polo fascismo

Campobecerros homenaxea os carrilanos portugueses asasinados polo fascismo

Dionisio Pereira, membro do proxecto Nomes e Voces; Paula Godinho, da Universidade de Lisboa, Manuel Loff, da Universidade de Porto;  Xosé Barxa, presidente da asociación cultural Carrilanos; e o alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez García, participaron este fin de semana na homenaxe aos carrilanos portugueses asasinados polo fascismo.

O acto consistiu no descubrimento dunha placa conmemorativa no lugar do asasinato e a proxección do documental  "Causa 1021" no teleclube de Campobecerros.

O xornal Sermos Galiza publica hoxe un vídeo do acto

Gardado en Homenaxes 25 de xuño de 2012 | Un comentario

Coloquio "La identidad española en el siglo XX: símbolos e imágenes" en Madrid

O coloquio “La identidad española en el  siglo XX: símbolos e imágenes”, celebrarase os próximos días 27 e 28 de xuño en Madrid, no Centro de Estudios Políticos y Constitucionales (Plaza de la Marina Española, xunto ao Senado, metro Plaza de España).

Os Directores son Javier Moreno Luzón (Universidad Complutense de Madrid) e Xosé M. Núñez Seixas (Universidade de Santiago de Compostela).

Programa:

 Miércoles, 27 de junio

 16:00 h. Presentación.

 Sección I:

  Moderador y comentarista: J. Moreno Luzón (UCM)

 16:15-17:45h. Ponencias:

  “Historia y mitos nacionales”, por José Álvarez Junco (UCM).

“La españolada en el cine”, por Vicente Sánchez Biosca (Universitat de València) e Vicente Benet (Universitat Jaume I)

- “Mujeres y nación: ser españolas en el siglo XX”, por Inmaculada Blasco(Universidad de La Laguna).

- “Religión e identidad nacional”, por Mary Vincent (University ofSheffield).18:15-20:00 h. Comentario y discusiónJueves, 28 de junio

Sección II:

Moderador y comentarista: Fernando Molina Aparicio (UPV)

10:00-11:30 h.

Ponencias:

- “Los mapas”, por Jacobo García Álvarez (Universidad Carlos III de Madrid).

- “Las colonias africanas”, por Gonzalo Álvarez Chillida (UCM) y Eloy MartínCorrales (Universitat Pompeu Fabra).

- “Los toros, fiesta nacional”, por Rafael Núñez Florencio.

- “Banderita tú eres roja’. Los símbolos oficiales de la nación”, por JavierMoreno Luzón (UCM) y Xosé M. Núñez Seixas (USC).

12:00-13:45 h. Comentario y discusión

Sección III:

Comentarista: Xosé M. Núñez Seixas (USC)

16:00-17:30h.

Ponencias

- “La República, o España liberada de sí misma”, por Ángel Duarte (Universitat de Girona).

- “La capital de la nación”, por Zira Box (UNED).

- “América y la fiesta del 12 de octubre”, por Marcela García Sebastiani(UCM) y David Marcilhacy (U. Paris Sorbonne).

- “El deporte”, por Alejandro Quiroga Fernández de Soto (Universidad deAlcalá).

18:00-19:45h.

Comentario y discusión.

19:45h. Conclusiones.

Gardado en Xornadas 25 de xuño de 2012 | sen comentarios

Presentación en Vigo da obra "War Zone", sobre a segunda Guerra Mundial en Galicia

Presentación en Vigo da obra "War Zone", sobre a segunda Guerra Mundial en Galicia

http://www.nomesevoces.net/gl/post/presentacion-en-vigo-da-obra-war-zone-sobre-a-segunda-guerra-mundial-en-galicia/

O vindeiro 5 de xullo ás 19.30 horas, presentarase na Casa del Libro (Rúa de Velázquez Moreno 27, Vigo) o libro 'War Zone. La segunda Guerra Mundial en el Noroeste de la Península Ibérica' (Eneida, 2012). No acto participarán os autores: Emilio Grandío Seoane e Javier Rodríguez González (eds.). O libro é resultado do Proxecto de Investigación "Represión y clandestinidad política en el Noroeste de la Península Ibérica durante la Segunda Guerra Mundial", concedido polo Ministerio de la Presidencia á Universidad de León.

Gardado en Noticias 25 de xuño de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez