Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Homenagem a Portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Espanhola

Homenagem a Portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Espanhola

Lourenzo Fernández Prieto e Dionísio Pereira participarán o 12 de maio na homenaxe aos portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Española. Intervendrán nunha mesa de debate xunto a outros profesores das universidades de Minho e Lisboa. No acto, que se celebrará en Monçao, tamén participará Mario Soares, ex presidente de Portugal entre 1986 y 1996.

Gardado en Xornadas 11 de maio de 2012 | Un comentario

A COAMHI recupera a memoria do Campo de Albatera (Alacante)

A COAMHI recupera a memoria do Campo de Albatera (Alacante)

O16 de xaneiro de 2010 diversas entidades constituíron a Coordinadora de Asociaciones por la Memoria Histórica de la Provincia de Alicante, co fin de compartir, difundir e impulsar actividades e propostas como as que, de feito, xa se están a desenvolver, no sur do País Valenciano, para reivindicar a memoria republicana.

Gardado en Noticias 4 de maio de 2012 | sen comentarios

Na prensa: "La Xunta dedica 23.000€ a la seguridad del Pazo de Meirás"

Na prensa: "La Xunta dedica 23.000€ a la seguridad del Pazo de Meirás"

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) de A Coruña acusou á Xunta de estar "ao servizo" da familia Franco por dedicar "23.000 euros a pagar a seguridade no Pazo de Meirás" e por non abrir en agosto, sinala nun comunicado.

Gardado en Noticias 2 de maio de 2012 | sen comentarios

Presentación do libro "Desvelados" e do documental "Morrer de soños" de Clemente Bernad

Presentación do libro "Desvelados" e do documental "Morrer de soños" de Clemente Bernad

Hoxe mércores 2 de maio ás 20.00 horas, na Libraría Couceiro (Cervantes, 6) presentase o libro Desvelados e o documental "Morrer de soños" de Clemente Bernad.

Participarán xunto ao autor: Margarita Ledo (escritora e profesora na USC), Xosé Ramón Pousa (periodista e profesor na USC), Ramón López Facal (Historiador e profesor na USC), Carmen García Rodeja (profesora e membro da ARMH) e Clemente Bernard (fotógrafo e autor do libro).

Gardado en Presentacións 2 de maio de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez