Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
O vindeiro xoves 31 de maio ás 20:00 horas presentarase o libro War Zone. La Segunda Guerra Mundial en el Noroeste de la Península Ibérica publicado por la editorial Eneida; coordinado por Javier Rodríguez González e Emilio Grandío Seoane.
O acto terá lugar no Salón de Actos da Fundación Sierra-Pambley, en León.
O libro é resultado do Proxecto de Investigación "Represión y clandestinidad política en el Noroeste de la Península Ibérica durante la Segunda Guerra Mundial", concedido polo Ministerio de la Presidencia á Universidad de León, dirixido polo Profesor de Historia Contemporánea da Universidad de León Javier Rodríguez González.
Os días 3 e 4 de xullo, celébrase en Bilbao o II CONGRESO GALEUSCA-HISTORIA, co programa Bizkaia aretoa. UPV-EHU. (Universidad del Pais Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea) Naciones en el Estado-nación: la formación cultural y política de naciones en la Europa contemporánea.
O seminario: Espacios de duelo y memoria de las víctimas de la represión franquista: memoriales, dignificaciones e intervenciones patrimoniales, terá lugar na Universitat de Lleida os días 23 e 24 de maio de 2012. Estará coordinado pola Profesora da Universitat de Lleida, Conxita Mir i Josep Gelonch, asesora do Proxecto Nomes e Voces.
O Seminario está organizado polo Departamento de Historia da Universitat de Lleida
O I Congresso Anual Internacional de História Contemporânea dedícase á presentación de estudos nos campos da historia contemporánea. O Congreso reúne intervencións proferidas por conferencistas convidados e a presentación de comunicacións. A conferencia inaugural será pronunciada por Eduardo Lourenço (São Pedro de Rio Seco, Almeida-Guarda, 1923), profesor universitario, filósofo e intelectual portugués.
Os ponentes convidados son: Fernando Catroga, Fernando Rosas, Hipólito de la Torre Gómez, Joaquim Romero de Magalhaes, Luis Reis Torgal, Miriam Halpern Pereira e Norberto Cunha.
O pasado sábado celebrouse na vila portuguesa de Monçao a "Homenagem a Portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Espanhola". Ao acto asistiron entre outros Lourenzo Fernández Prieto, Dionísio Pereira para participar nunha mesa de encontro xunto aos profesores das universidades de Minho e Lisboa. No acto tamén participou Mario Soares, ex presidente de Portugal entre 1986 y 1996.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.