Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Na prensa internacional: "Guerra Civil de Espanha A memória dos emigrantes portugueses mortos está a ser resgatada"

O xonal portugués Público faise eco da investigación de "Nomes e Voces". Maria José Oliveira entrevista neste artigo ao investigador e coordinador Dioniso Pereira.

Gardado en Prensa 13 de abril de 2012 | sen comentarios

Actos conmemorativos no día da república organizados pola Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña

A comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña celebra o día da república con diferentes actividades. Unha delas é a presentación do libro "A represión franquista na comarca da Coruña" , do Proxecto Nomes e Voces, publicado en Edicións Laiovento, o día 13 de abril ás 20 horas.

PROGRAMA
VENRES, 13 DE ABRIL

Cea da República, ás 21,30 horas, no Hotel Meliá María Pita (no paseo Marítimo, xunto á Praia do Matadoiro).

Haberá a actuación musical de Sés e a proxección dun audiovisual sobre as vítimas da represión.

Entregarase a Mariví Villaverde, que cumpre 90 anos en 2012, a distinción de Republicana de honra 2012.

Ás 20 horas dese venres e no mesmo hotel teremos a presentación do libro A REPRESIÓN FRANQUISTA NA COMARCA DA CORUÑA, do Proxecto Nomes e Voces, publicado en Edicións Laiovento, coa participación de Emilio Grandío, Xurxo Pantaleón e Manuel Monge. O libro recolle as semblanzas das 600 persoas asasinadas, así como numerosas fotografías.

Ás 18,30 horas dese mesmo día faremos unha ofrenda floral no Memorial ás vítimas do franquismo na avenida de Navarra da Coruña

XOVES, 12 DE ABRIL

Ás 20 horas haberá unha recepción oficial da Real Academia Galega (RAG) a Mariví Villaverde e a continuación, no salón de actos da RAG, haberá unha charla-coloquio coa presenza da homenaxeada e a participación de Marga Doval e Francisco Pillado.

XOVES, 19 DE ABRIL

Ás 20 horas, na Fundación Paideia (praza de María Pita), presentación dun audiovisual sobre a memoria oral das familias dos represaliados, coa participación de Xosé Antón Bocixa, autor do traballo, e Beatriz Gómez Amigo, promotora do proxecto.                        

BREVE BIOGRAFÍA DE MARIVÍ VILLAVERDE

María Victoria Villaverde naceu en Vilagarcía de Arousa en 1922. Filla do deputado por Izquierda Republicana Elpidio Villaverde. Era aínda unha nena cando sofre o seu primeiro exilio. Marchou coa súa familia para Francia, onde xa estaba o seu pai a finais do ano 1936. Nese primeiro exilio, de preto de tres anos de duración, coñeceu a Ramón de Valenzuela. En outubro de 1939 embarcou cara a Bos Aires, xunto coa súa familia.Tardou cinco anos en volver a ver a Ramón de Valenzuela, incomunicado neste tempo en cárceres e campos de concentración. A parella reencontrouse no ano 1945 para casar. Pensaban vivir en Galicia pero en 1949 tiveron que exiliarse a Bos Aires. Alí traballou no Teatro Galego da Federación e dirixe xunto con Arturo Cuadrado o xornal "Galicia". Regresou novamente a España en 1966.“Dezasete anos durou o meu segundo exilio en Bos Aires. Era o primeiro en América de Ramón e dos nosos dous fillos nacidos na terra, que deron naquel mundo novo, acolledor e case sempre xeneroso. Alí onde tantos galegos, antes e mesmo despois, formarían o seu fogar e, fieis ás súas raíces, lograran crear sociedades que mantiñan vivo o espírito de Galicia” escribe Mariví Villaverde en Tres tempos e a esperanza.Ao seu oficio como escritora, tradutora e xornalista, tamén como actriz e impulsora do teatro, uniuse nos últimos anos o seu traballo no Consello pola Memoria e, desde o seu regreso, na lembranza da cultura do exilio.

Xa con máis de oitenta anos seguiu participando en todos os movementos sociais, nas reivindicacións en favor da lingua, contra a guerra e con motivo da catástrofe do Prestige.

Gardado en Presentacións 11 de abril de 2012 | sen comentarios

Na prensa: "El abandono de la Xunta pone en riesgo la mayor base de datos sobre la represión". Entrevista a Lourenzo Fernández Prieto en El País

Na prensa: "El abandono de la Xunta pone en riesgo la mayor base de datos sobre la represión". Entrevista a Lourenzo Fernández Prieto en El País

Entrevista realizada por Óscar Iglesias a Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto "Nomes e Voces"

Gardado en Noticias 4 de abril de 2012 | sen comentarios

A USC e a Real Sociedad Española de Amigos del País convocan a 3ª Edición Premios Domingo Fontán

A USC e a Real Sociedad Española de Amigos del País convocan a 3ª Edición Premios Domingo Fontán

Dende o día 1 de abril de 2012 ata o 30 de setembro de 2013 quedou aberta a convocatoria da 3ª edición do Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán convocado pola Real Sociedad de amigos del País de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.

Este premio, de carácter bianual, foi creado para poñer en valor o patrimonio histórico, documental e científico da Real Sociedad Económica de Amigos del País, está dotado con 2.000 EUR, garantindo a publicación da obra premiada.

Para saber máis
Gardado en Premios 3 de abril de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez