Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Nomes e Voces falará sobre a Xeografía da represión en Galicia no MARCO de Vigo

Nomes e Voces falará sobre a Xeografía da represión en Galicia no MARCO de Vigo

Hoxe martes 28 de febreiro ás 19.30 horas, o Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’ falará no MARCO (Príncipe 54, Vigo) sobre a Xeografía da represión en Galicia, entre os anos 1936 e 1939. Esta conferencia ten a súa orixe na publicación dun monográfico sobre este tema en nomesevoces.net.

Este esecial sobre a Xeografía da represión en Galicia foi elaborado polo Investigador e Coordinador do Proxecto ‘Nomes e Voces’, Dionisio Pereira, e desenvólvese no marco do Convenio de  Colaboración co Ministerio de Xustiza do Goberno de España, polo que o Proxecto ‘Nomes e Voces’ comprometeuse a entregar a dito Ministerio toda a información relativa á xeografía da represión no territorio galego delimitada no período 1936-1939.

Participarán na conferencia Lourenzo Fernández Prieto, Dionisio Pereira e Chus Martínez Domínguez.

Entrar no Especial  'Xeografía da represión en Galicia'

Gardado en Conferencias 13 de febreiro de 2012 | sen comentarios

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia reuniu en Ribadeo a especialistas para falar do futuro do agro

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia reuniu en Ribadeo a especialistas para falar do futuro do agro

A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia (ReVolta) organizou a pasada semana en Ribadeo un debate sobre o futuro do agro do que saíron as liñas de traballo para este ano da rede que conforman os grupos HISTAGRA, COSMERUN, GIEEA, GESPIC e LABORATE.

Gardado en Seminarios 9 de febreiro de 2012 | sen comentarios

O CCG organiza a conferencia: ¿Cómo es que no hay un derecho humano a tu cultura propia?

O CCG organiza a conferencia: ¿Cómo es que no hay un derecho humano a tu cultura propia?

O xoves, día 9 ás 17.00 h., o profesor Bartolomé Clavero inaugura o O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) 2012 do CCG co relatorio  ¿Cómo es que no hay un derecho humano a tu cultura propia?

Gardado en Seminarios 8 de febreiro de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez