Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
Ven de publicarse a publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía' (Ediciones Trea, 2012). Este libro recolle as cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela no ano 2010.
O pasado fin de semana faleceu un dos artistas plásticos máis destacados da pintura contemporánea galega, Leopoldo Nóva (Salcedo, Pontevedra, 1919).
O artista concedeu unha das súas últimas entrevistas ao Proxecto 'Nomes e Voces' no seu estudo de Armenteira. No transcurso desa conversa conservada no fondo oral do Proxecto, falou da súa infancia, marcada pola función que desenvolvía o seu pai Edmundo Nóvoa como Cónsul de Uruguai, debido ao seu papel na fuxida de potenciais vítimas da represión, posiblemente pasaportando posíbeis represaliados cara a Uruguai. Isto repórtalle a súa expulsión da Galiza tomada polo franquismo. O propio Leopoldo, de simpatías libertarias, foxe da incorporación ao servizo militar emprendendo un interesante labor político no cono Sur americano, sempre en contacto co exilio galego, aproveitando a súa sona coma artista plástico.
Hoxe venres 24 de febreiro, o profesor Juan Infante Amate participará nun Seminario organizado polo Grupo HISTAGRA. A súa presentación levará por título “El factor ambiental” en la especialización agraria del sur de España. El caso del cultivo del olivo (ss. XVIII-XX).
Juan Infante Amate (Valdepeñas de Jaén, Jaén, 1983) é Profesor de Historia Contemporánea e membro do Laboratorio de Historia dos Agroecosistemas da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. Doutor Europeo pola devandita universidade cunha tese sobre a historia da expansión olivareira no sur de España. A súa investigación foi defendida nunha vintena de congresos e publicou diferente traballos sobre historia agraria, historia ambiental e agroecología, con especial énfase na historia do oliveiral andaluz (aparecidos en revistas como Historia Agraria, Journal of Cleaner Production, Agriculture, Ecosystem and Environment, Revista de Economía Critica ou Revista de Estudos Rexionais). Foi investigador visitante no Insituto de Ecología Social de Viena e na Escola de Historia da Universidade de East Anglia. En 2011 recibiu o VII Premio de Historia Agraria de Investigación, concedido pola Sociedade Española de Historia Agraria.
O poeta galego José Ángel Valente (Ourense, 1929 - Xenebra, 2000) publicou nos anos cincuenta, cando era funcionario internacional da ONU en Xenebra, o poema "Cementerio de Morette-Glières, 1944", homenaxe aos refuxiados españois da guerra civil mortos na batalla da Alta Saboia francesa, defendendo contra os nazis unha tierra que non era a súa, pero que identificaban coa causa da xustiza e da liberdade universais.
O pasado día 10 faleceu o historiador e humanista Ronald Fraser (Hamburgo, 1930 - Valencia, 2012). Especializado en Historia oral e Historia de España -con especial atención na Guerra civil española e a Guerra da Independencia-, o seu traballo supuxo un impulso importante no uso das fontes orais entre os historiadores do ámbito hispanofalante. As súas gravacións de historia oral española foron doadas á Biblioteca da Universidade de Liverpool.
Entre os seus libros destacan Mijas. República, guerra, franquismo en un pueblo andaluz (1985), Recuérdalo tú y recuérdalo a otros (1979) -convertido nun clásico sobre a guerra civil española-, onde acolle 250 testemuñas sobre a guerra civil recollidos no verano de 1973. Así mesmo foi moi célebre Escondido. El calvario de Manuel Cortés (2006), e La maldita guerra de España. Historia social de la Guerra de la Independencia, 1808-1814 (2006).
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.