Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Os profesores Miguel Cabo e Antonio Míguez gañan o premio Domingo Fontán de investigación histórica

Os profesores Miguel Cabo e Antonio Míguez gañan o premio Domingo Fontán de investigación histórica

Ambos os dous profesores son membros do Grupo HISTAGRA, do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC

Gardado en Premios 10 de xaneiro de 2012 | sen comentarios

Morre o intelectual Isaac Díaz Pardo

Morre o intelectual Isaac Díaz Pardo

Morreu Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920), activo intelectual, fillo do pintor e escenógrafo represaliado Camilo Díaz Valiño, paseado con 45 anos en 1936. Por este motivo, Díaz Pardo foi entrevistado polo Proxecto "Nomes e Voces", que conserva esta conversa no seu fondo oral.

Isaac Díaz Pardo dotou ao Proxecto “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” dun anagrama que o identifica desde o mes de xullo de 2008. O autor, membro do Consello pola Memoria en 2006 no marco do Ano da Memoria, quixo colaborar con este xesto na visibilidade da recuperación da memoria da represión e da súa investigación. O deseño está formado por dous círculos, formas xeométricas que abrazan a policromía e que o artista explica como “dúas cores; unha azul que cerca e domina a outra roxa”. Este deseño e simboloxía de vida, de memoria e dignidade, identificación do pasado feito presente a través da recuperación e da posta en valor da historia de Galicia.

Díaz Pardo estuda Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid, participando nunha experiencia pioneira sobre deseño industrial. Tras rematar os seus estudos, pasou a ter unha plaza de profesor na Real Academia de Belas Artes de San Jorge de Barcelona. Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internalización da cultura galega e, por outro, a rexeneración da desartellada historia de Galicia.

Abandonou as artes plásticas para adicarse á cerámica e fundar con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro en Sada (onde o nomearían fillo predilecto), ensaiando con materias primas usadas nas primitivas cerámicas de Sargadelos e conseguindo cerámica de gran calidade.

No campo literario, o labor do galeguista non se limitou a soster unha plataforma editorial: el mesmo cultivaría varios xéneros, desde o teatro, a crítica e o ensaio ou os carteis de cego, alén dunha continuada presenza nos medios xornalisticos coma La Voz de Galicia.

En 1963, constituiu en Arxentina, xunto con outros destacados galeguistas, como Luis Seoane, o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades industriais e culturais como a restauración da producción de cerámica de Sargadelos, en colaboración cas Cerámicas do Castro, el Museo Carlos Maside, a editorial Ediciós do Castro.

Díaz Pardo tamén cultivou o ensaio e a crítica, producción entre a que habería que destacar os libros: Xente do meu rueiro (Bos Aires, 1954), O ángulo de pedra (Bos Aires), El ceramista Arranz y su escuela (A Coruña, 1960), Galicia Hoy, en colaboración con Luis Seoane (París, 1965), A Nave espacial, en colaboración con Celso Emilio Ferreiro (A Coruña 1970), El Marqués de Sargadelos (A Coruña, 1970), Castelao (A Coruña 1985), Galicia hoy y el resto del mundo (A Coruña, 1987).

No ano 1999 recibiu o Premio Santiago Rey Fernández-Latorre na súa modalidade de prensa escrita, polo seu artigo «Lucubrar sobre o futuro para entender algo do presente» e pola súa larga traxectoria intelectual e creadora. Tamén recibiu outro recoñecemento como: o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidades de Santiago (1988), Premio Otero Pedraio das Diputacións Provinciais (1990), Insigna de Ouro (1991), Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e da Universidades da Coruña (2007), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedraio (1993), e a Vieira de Plata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995) entre moitísimos outros.

[Fonte: La Voz de Galicia]

Novas relacionadas:

Falece o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, La Voz de Galicia

Muere a los 91 años el artista y empresario Isaac Díaz Pardo, El País

Gardado en Noticias 5 de xaneiro de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez