Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

A Universidade portuguesa homenaxea aos seus docentes represaliados

O Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa xunto ao Movimento Cívico Não Apaguem a Memória - NAM , a Fundação Pulido Valente e a  Fundação Mário Soares, organizan a Cerimónia de Homenagem aos docentes demitidos das universidades portuguesas durante o Estado Novo (1933-1974), nun acto quere ser homenaxe aos profesores e profesoras que foron sancionados, depurados e expulsados.

Un acto semellante ao que xa celebrara a Universidade de Santiago de Compostela no ano 2007, cando ofreceu unha homenaxe aos profesores, profesoras, persoal de administración e estudantado que sufriu as consecuencias da ola de violencia e vexacións iniciadas co Golpe de Estado de 1936.  Ducias de profesores e profesoras foron sancionados, depurados e expulsados como consecuencia da represión que seguiu á sublevación militar e que se prolongou máis alá da propia guerra civil durante o período de 1936 a 1942.

A homenaxe terá lugar o día 29 novembro, ás 18.00 horas, na reitoria da Universidade de Lisboa (Alameda da Universidade, Cidade Universitária, Lisboa), e integra as intervencións do ex Presidente da República entre 1986 e 1996, Mário Soares, e do Profesor António Ventura, da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa.

Gardado en Homenaxes 30 de novembro de 2011 | sen comentarios

Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento de Dr. Manuel Díaz González

Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento de Dr. Manuel Díaz González

O sábado 26 e domingo 27, celebrarase no Incio (Lugo) diferentes actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento do médico Manuel Díaz González, coñecido como o "Pequeniño".

Gardado en Homenaxes 25 de novembro de 2011 | sen comentarios

Conferencia de José María López Maz, Catedrático de arqueoloxía na Universidad de la República (Montevideo)

 O vindeiro luns día 21 ás 19.00 horas, na sala de profesores da Facultade de XªeHª, José María López Mazz, Catedrático de arqueoloxía na Universidad de la República, Montevideo, impartirá a conferencia "Arqueología de la violencia en America Latina, desde la Prehistoria a la actualidad", 

 O acto está organizado polo Departamento de Historia I.

Gardado en Conferencias 18 de novembro de 2011 | sen comentarios

Presentación do libro "Santiago Casares Quiroga. La forja de un lider"

Presentación do libro "Santiago Casares Quiroga. La forja de un lider"

Hoxe xoves, día 17 ás 20.30h., preséntase na Librería Arenas (Cantón Pequeño 25, A Coruña) o libro "Santiago Casares Quiroga. La forja de un lider" (Editorial Eneida), de Emilio Grandío Seoane, profesor do Departamento de Historia Contemporánea e Coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", e Joaquín Rodero Carretero, Presidente da Asociación Manuel Azaña de León e Investigador.

O acto, organizado polo Ateneo Republicano de Galicia (ARGA), contará coa presenza dos autores e será presentado por Carlos Fernández Santander.

Nesta obra, os historiadores achéganse á persona e á personalidad desta destacada figura política desde su vertiente más conocida, a pública como ministro e xefe do gabinete republicano, así como na privada, familiar e íntima, enormemente relevante para entender o seu comportamento público.

Líder e fundador da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), destaca o seu nomeamento como Presidente del Consejo de Ministros y Ministro de la Guerra (mayo de 1936) tras o acceso de Azaña á presidencia da República. Desde este posto,  organizou o referéndum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia o cal foi aprobado o 28 de xuño de 1936.

Morreu no exilio en 1950.

Ligazón de interese:

Esther Casares Quiroga

Gardado en Presentacións 17 de novembro de 2011 | sen comentarios

Congreso Internacional sociedades en cambio: España y Portugal en los años setenta

Congreso Internacional sociedades en cambio: España y Portugal en los años setenta

Organizado polo Centre d’Estudis sobre les Èpoques Franquista i Democràtica da Universitat Autònoma de Barcelona (CEFID-UAB) e o Instituto de História Contemporânea de la Universidade Nova de Lisboa (IHC-UNL), os días 15 e 16 de novembro de 2012.

Gardado en Congresos 14 de novembro de 2011 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez