Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Posición da Asociación de Historia Contemporánea sobre o Diccionario Biográfico Español

Posición da Asociación de Historia Contemporánea sobre o Diccionario Biográfico Español

O pasado día 3 de xuño de 2011, a Xunta Directiva da Asociación de Historia Contemporánea acordou expresar unha opinión colectiva sobre o Diccionario Biográfico Español elaborado desde a Real Academia da Historia.

Gardado en Noticias 30 de xuño de 2011 | sen comentarios

A familia Villaverde Otero cede a documentación histórica do sindicalista José Villaverde Velo á Real Academia Galega

A familia Villaverde Otero cede a documentación histórica do sindicalista José Villaverde Velo á Real Academia Galega

José Villaverde Velo. 2185 Fondo Villaverde Otero

O acto tivo lugar na sede coruñesa da institución onte mércores 29 de xuño. Nel, procedeuse á sinatura da cesión por parte das irmáns Mar y Luz e Olga Villaverde Otero e o presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Gardado en Noticias 28 de xuño de 2011 | sen comentarios

Miguel-Anxo Murado: "F is for Franco but not for fascist, apparently"

Miguel-Anxo Murado: "F is for Franco but not for fascist, apparently"

O escritor e xornalista colaborador habitual do peródico británico Guardian,  Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965), ven de  publicar o interesante artigo "F is for Franco but not for fascist, apparently", sobre o Diccionario Biográfico Español, e a definición que este recolle da figura do xeneral Francisco Franco.

Gardado en Noticias 16 de xuño de 2011 | sen comentarios

Sesión do Máster de Historia Contemporánea a cargo do investigador Óscar Rodríguez Barreira

Sesión do Máster de Historia Contemporánea a cargo do investigador Óscar Rodríguez Barreira

O vindeiro mércores 22 de xuño, de 12.00 a 14.00 horas na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e de América, HISTAGRA organiza a presentación académica a cargo do investigador postdoutoral do MICINN e da Universidade de Almería, Óscar Rodríguez Barreira.

A presentación leva por título: “En el reloj de antaño… Lo cotidiano y la historia social del franquismo hoy”

Gardado en Seminarios 16 de xuño de 2011 | sen comentarios

Presentación do libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo" de Emilio Grandío en Oviedo e Monforte de Lemos

Presentación do libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo" de Emilio Grandío en Oviedo e Monforte de Lemos

Emilio Grandío Seoane, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces", presentará nos próximos días o libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la guerra civil española (1936-1937)" [Ediciones Nigra Trea, 2011]

Así, o martes día 7 de xuño ás 19.30 horas, estará na Librería Cervantes (c/ Doctor Casal, 9) de Oviedo a xunto Rubén Vega, profesor de historia contemporánea de la Universidad de Oviedo.

O mércores día 8 de xuño, ás 20.15 horas, a obra será presentada na Galería Sargadelos de Monforte de Lemos (Praza de España, 2) coa asistencia do autor.

O libro recolle o diario de guerra de Faustino Vázquez Carril, xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte e executado en 1937

Ver novas relacionadas

Gardado en Presentacións 7 de xuño de 2011 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez