Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Inauguración da mostra 'Galicia nas ondas', no Verbum de Vigo

Inauguración da mostra 'Galicia nas ondas', no Verbum de Vigo

O vindeiro mércores, día 4 de maio, ás 20,00 h, inaugúrase no Museo Verbum- Casa das Palabras de Vigo a exposición de radio en Galicia na que o Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' colaborou co préstamo documental. Así, o equipo de Investigación puxo ao servizo do comisario o material gráfico e sonoro preciso para documentar o periodo referente á represión franquista, proporcionando diferentes entrevistas realizadas a represaliados e familiares de represaliados, así como distintas imaxes que conforman os fondos oral e documental do Proxecto.

O acto inaugural contará coa presenza do Tenente de Alcalde de Vigo, Santiago Domínguez Olveira e o Concelleiro Delegado da Área de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López Carreira.

Gardado en Exposicións 2 de maio de 2011 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez