Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación do libro "Cruzados o Herejes" de José Ramón Rodríguez Lago

Mañá, mércores día 25 de maio, ás 19.30 terá lugar a presentación do libro "Cruzados o Herejes. La religión, la iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil" de José Ramón Rodríguez Lago, na nova sede da Fundación Araguaney - Puente de Culturas (rúa do Vilar 21). 

Amais do autor, no acto participarán o Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces' e profesor e Historia Contemporánea na Universidad de Santiago de Compostela, Emilio Grandío Seoane e Miguel Cabo Villaverde, profesor de Historia Contemporánea da Universidad de Santiago de Compostela.

Lugar: Fundación Araguaney - Puente de Culturas (rúa do Vilar 21)

Data e hora: mércores 25 ás 19.30 horas

Gardado en Presentacións 24 de maio de 2011 | sen comentarios

Acordo de colaboración entre o Proxecto "Nomes e Voces" e a CRMH

Acordo de colaboración entre o Proxecto "Nomes e Voces" e a CRMH

O Proxecto "Nomes e Voces" ven de asinar coa CRMH o acordo de colaboración para a realización de tarefas de investigación, asesoramento e redacción dunha publicación baseada no listado de mortos a causa da represión franquista da Coruña e comarca para o período 1936-1939.

Gardado en Noticias 24 de maio de 2011 | sen comentarios

Presentación do mapa de fosas do Ministerio de Justicia

Presentación do mapa de fosas do Ministerio de Justicia

 O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" asistirá a dito evento, no marco da estreita colaboración que está a desenvolver coa Subsecretaria de Justicia

Gardado en Presentacións 12 de maio de 2011 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez