Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O sábado 30 de abril, celebrarase en Toques a Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga, militante do sindicato de tranviarios xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte en 1937. O acto está órganizado polo Concello de Toques e a colaboración do Proxecto Nomes e Voces e a familia de Delfino Liñeira Fraga.

Participarán neste acto presentado por Lourenzo Fernández Prieto, Director do Departamento de Historia Contemporánea e América e Catedrático de Historia Contemporánea, o Presidente do CCG e Catedrático de Historia Contemporánea, Ramón Villares Paz; o Presidente da RAG e escritor, Xosé Luís Méndez Ferrín; que serán os encargados de abrir este acto ás 19.00 horas. A continuación o autor, Xosé Fortes, exporá a análise do seu libro. Ciencia e Innovación.

Participarán neste acto Ramón Villares Paz -Catedrático de Historia Contemporánea da USC-, Lourenzo Fernández Prieto-Catedrático de Historia Contemporánea da USC-, Víctor Manuel Santidrián Arias -Fundación 10 de marzo- , X. Amancio Liñares Giraut-director editorial de 3C3- e o propio autor

O luns día 25 de abril terán lugar as xornadas Exilios y migraciones. Aragón en el camino en Zaragoza, unha actividade organizada polo Gobierno de Aragón. Departamento de Educación, Cultura y Deporte.
Xosé Manoel Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea pola USC e coordinador do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" participará no programa destas xornadas coa conferencia: "Un continente en fuga. Éxodos en la Europa del siglo xx", e será presentado polo profesor Alberto Sabio Alcutén, da Universidad de Zaragoza.
Exilios y migraciones. Aragón en el camino constitúe unha proposta de análise e divulgación dos grandes movementos de poboación habidos en Europa durante o convulso século XX. Desprazamentos forzados de cidadáns entre distintos países, pogroms, depuración étnica, xenocidios, persecucións, exilios, deportacións… galonan as páxinas da Historia desde as guerras balcánicas de 1912-1913, pasando polos períodos de entreguerras, os transvases de poboación xerados polos cambios de fronteiras en 1940-47, as consecuencias da guerra fría ou da desintegración de Yugoslavia no último decenio do século. Tamén pretende ofrecer unha visión global en torno ás consecuencias da guerra civil, tanto no concernente á saída de España de escritores, científicos, artistas ou militares republicanos abocados ao desarraigo e ao estrañamento, aos campos de concentración e exterminio, canto ao obrigado exilio interior ao que foron condenados os perdedores como consecuencia das leis represoras do Réxime. Finalmente abordaranse fenómenos particulares como a emigración económica española de mediados do pasado século, a despoboación no ámbito rural aragonés ou políticas como a que determinou a construción de pobos de colonización. Así mesmo, pretendese ofrecer unha mirada crítica e obxectiva á realidade dun Aragón multiétnico, que acolle e trata de integrar a unha poboación que busca as súas oportunidades vitais neste territorio.

O catedrático e coordinador de "Nomes e Voces", Xosé Manoel Núñez Seixas, participará na primeira das sesión do coloquio "Diasporas et antifascisme en Europe (1920-1950), que se celebrará no Centre universitaire Jean-François Champollion, en Albi (Occitania), o vindeiro xoves14 de abril.
A súa conferencia levará por título «Lesminorités politiques antifascistes en exil : émigrés, ethno-nationalisme et diasporas en Europe, 1919-1939 »
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.