Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
Ciclo que conmemora os 80 anos da proclamación da II República e 75 anos do golpe de estado de 1936. O evento está impulsado polo Concello de Ferrol a través das Concellarías de Cultura e Benestar Social e Muller, e coorganizado coa Asociación Cultural Fuco Buxán, amais da colaboración doutras entidades sociais e investigadoras como é o caso do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces". Este Proxecto ofreceu o seu asesoramento en materia histórica e estará presente nas actividades, coa intervención do seu director, Lourenzo Fernández Prieto, nunha das súas mesas redondas.
A xornada terá lugar hoxe 1 de abril ás 12.30 horas, e está organizada polo Department of History, Centre for Jewish Studies, The Canadian Centre for German and European Studies e a Faculty of Liberal Arts&Professional Studies.
Hoxe ás 20.00 horas, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" será presentado na Residencia Universitaria Monte da Condesa, edificio no que desde hai tres anos, o Proxecto desenvolve a súa actividade diaria.
Presentación do libro: "Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)". Presentación a cargo do seu autor e Coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", Dionisio Pereira e o Director do Proxecto "Nomes e Voces", Lourenzo Fernández Prieto e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.
O venres 11 de marzo ás 11.00 horas, terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC, o acto de lectura e defensa da tese de doutoramento de Antonio Somoza Cayado titulada "Construción e destrución da cidadanía societaria: Dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950)".
Este traballo está dirixido polos profesores da USC, Lourenzo Fernández Prieto e Pilar López Rodríguez.
Departamento de Hª Contemporánea e de América. USC
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.