Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación do libro de Manuel Monge: "A Historia secuestrada polo franquismo"

Presentación do libro de Manuel Monge: "A Historia secuestrada polo franquismo"

O xoves, 3 de marzo ás 20 horas, Manuel Monge presenta o seu libro A Historia secuestrada polo franquismo, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

 Ademais do autor, participarán na presentación: Francisco Pillado, de Edicións Laiovento, e Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.   

Gardado en Noticias 28 de febreiro de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación

Congreso "Falange. Las culturas políticas del fascismo en la España de Franco, 1937-1982".

Os días 22, 23 e 24 de novembro celebrarase en Zaragoza o Congreso "Falange. Las culturas políticas del fascismo en la España de Franco, 1937-1982". O prazo para a recepción de propostas de comunicación estará aberto até o 1 de maio de 2011 no correo electrónico da secretaría técnica do Congreso: carlos_domper@hotmail.com

Gardado en Noticias 28 de febreiro de 2011 | sen comentarios

Publicadas as actas oficiais do 23 de febreiro de 1981

Publicadas as actas oficiais do 23 de febreiro de 1981

 Neste documento, oculto até o momento, relátanse as 18 horas de incertidume que viviu o Estado cando os militares, encabezados polo ex-tenente coronel Antonio Tejero Molina, tomaron pola forza o Parlamento.

Gardado en Noticias 25 de febreiro de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Historia

A mostra "Vermellas. Chamábanlles rojas" chega á Casa das Artes de Vigo

A mostra "Vermellas. Chamábanlles rojas" chega á Casa das Artes de Vigo

Até o 20 de marzo pódese visitar, na Casa das Artes de Vigo, a exposición Vermellas Chamabanlles rojas (producida no 2009 por Lugo Cultural) sobre a represión exercida ás mulleres durante a represión franquista.

Gardado en Noticias 24 de febreiro de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Muller

Conclusións do Coloquio Internacional 'Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz'

Conclusións do Coloquio Internacional 'Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz'

O Coloquio Internacional 'Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz', celebrouse en Compostela os días 13, 14 e 15 de decembro con motivo do FORO 2010.

Agora presentamos as consideraciones, reflexións e conclusións parciais presentadas nas diferentes mesas do congreso ou derivadas dos debates suscitados nel.

Gardado en Noticias 18 de febreiro de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Guerra civil, Investigación
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez