Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación aos medios do programa do Coloquio Internacional ‘Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz’.

O vindeiro luns 13 de decembro ás 12.00 horas, na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o "Proxecto Nomes e Voces" presenta en rolda de prensa o programa do Coloquio Internacional ‘Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz’.

O acto será presentado polo director do proxecto, o catedrático Lourenzo Fernández Prieto, e o historiador e profesor emérito da Universidade de Nova York Nicolás Sánchez Albornoz, que será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural.

O xornalista e escritor arxentino Horacio Verbitsky, o catedrático Julián Casanova (membro do grupo de expertos encargado da busca de fosas comúns e a identificación das vítimas no sumario contra os crimes franquistas promovido por Baltasar Garzón) ou o catedrático da Universidade de Pisa Gabriele Ranzato (considerado un dos máximos eruditos da historia española do século XX e concretamente da II República Española e a Guerra Civil) son algunhas das figuras que intervirán no desenvolvemento deste Coloquio.


Gardado en Noticias 10 de decembro de 2010 | sen comentarios

Acto inaugural do Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

Acto inaugural do Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

 Hoxe 13 de decembro ás 19.00 horas, no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC, inaugura o Coloquio Internacional 'Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz', no marco do Foro 2010.

Gardado en Noticias 10 de decembro de 2010 | sen comentarios

Hoxe día 3 inaugura o Foro 2010

Hoxe día 3 inaugura o Foro 2010

 Hoxe día 3 de decembro ás 12.00 horas celebrarase o acto inaugural do Foro 2010

Gardado en Noticias 3 de decembro de 2010 | sen comentarios

Inauguración do memorial ás vítimas da represión franquista, “Xérmolos de paz e liberdade”

 O domingo 19 de decembro ás 12.00 horas, na avenida de Navarra (nos xardíns, fronte á residencia Torrente Ballester), terá lugar a Inauguración do memorial ás vítimas da represión franquista, “Xérmolos de paz e liberdade”, do escultor Valdi. Esta homenaxe está promovida pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Gardado en Noticias 2 de decembro de 2010 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez