Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación do Foro2010 aos medios

Presentación do Foro2010 aos medios

 Este evento foi presentado o martes 30 en Santiago de Compostela, ás 11.30 horas na Fundación Caixa Galicia, polo comité organizador: Manoel Dios, Ania Piñeiro e Manoel Santos.

Gardado en Noticias 30 de novembro de 2010 | sen comentarios

Inscrición como participante no Foro 2010 (FME-Compostela)

 As inscricións online para o Foro 2010 e todos os seus eventos remataba o xoves 25 de novembro, pero existirá unha zona de acreditacións e novos rexistros na Facultade de Ciencias da Comunicación entre os días 7 e 15 de decembro, polo que se poderán facer inscripcións presenciais.

Gardado en Noticias 26 de novembro de 2010 | sen comentarios

A familia de Canalejo non nega o seu pasado falanxista, pero di que foi «unha vítima»

 "José Manuel Alfeirán, Luís Lamela y Manuel Monge, tres de los miembros de la comisión de expertos que asesoraron al Ayuntamiento para la aplicación de la ley de la memoria histórica, comparecieron ayer en el Juzgado de lo Contencioso-Administrativo número 3 para declarar ante la demanda interpuesta por la hija de Juan Canalejo contra la retirada de distinciones, aprobada en pleno el 7 de septiembre del 2009, ya que considera que no está debidamente argumentada ni se puede ejecutar bajo los supuestos que establece esa normativa." (Fonte: Dolores Vázquez, La Voz de Galicia)

Segue a nova na nosa sección de prensa xeral

Gardado en Noticias 22 de novembro de 2010 | sen comentarios

Presentación do libro "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra"

Presentación do libro "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra"

Hoxe venres dia 12, as 19.00 horas na Galeria Sargadelos (Praza de España nº 2, Monforte de Lemos), terá lugar o acto de presentación do novo libro editado pola Fundación Luís Tilve titulado: "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra".

 O libro recolle as obras inéditas de Juan Tizón Herreros, que foi elixido Secretario da 3ª Zona do Sindicato Nacional Ferroviario da UGT (con sede en Monforte) en outubro de 1929, sendo posteriormente Alcalde de Monforte e Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo. Fuxido tralo alzamento militar de 1936 (vivencia que se recolle nesta obra), morrería exiliado en Oporto (Portugal) en 1945.

Gardado en Noticias 12 de novembro de 2010 | sen comentarios

Faleceu Rogelio Arca, represaliado do Cerdedo

Faleceu Rogelio Arca, represaliado do Cerdedo

Fondo Rogelio Arca. Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces"

Rogelio Arca Rivas faleceu aos 96 anos en San Martiño de Figueroa en Cerdedo (Pontevedra), de onde era natural. De profesión canteiro, combatiu co exército republicano e estivo prisioneiro no Campo de concentración en Teruel e compañía de revisión en Lugo.

O Proxecto "Nomes e Voces" cobixa un importante fondo fotográfico cedido polo propio Rogelio Arca, no que se recolle a súa estadía no campo penitenciario. Asemade, o Proxecto "Nomes e Voces" colaborou a través do historiador cerdedense e coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", Dionisio Pereira na publicación "Álbum de guerra. Canteiros das Terras de Montes no exército republicano" (Difusora, 2008) onde se recollen notas e fotografías de Rogelio Arca acompañado pola contextualización histórica do estudo do equipo de investigación de "Nomes e Voces".

 Segue a nova na nosa sección de prensa xeral

Gardado en Noticias 9 de novembro de 2010 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez