Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Proxección de "Las manos en la tierra" de Virginia Martínez

Proxección de "Las manos en la tierra" de Virginia Martínez

Hoxe mércores 27 de outubro ás 20.00 horas, no Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, proxectarase por primeira vez fóra de terras suramericanas, o documental “Las manos en la tierra” da cineasta Virginia Martínez (Montevideo, 1959), nun acto organizado polo Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, a Universidad de la República Uruguay, a Universidade de Santiago de Compostela, O CSIC e Aceituna Films.

Gardado en Noticias 27 de outubro de 2010 | sen comentarios

Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

 O Proxecto "Nomes e Voces" está a colaborar co FORO 2010 na organización do Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz.O lugar de celebración será o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación (Campus Universitario Norte).

Este evento ten como obxectivo reunir durante os días 13, 14 e 15 de decembro a recoñecidos profesionais de todo o mundo, especialistas no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación. Xunto ás vítimas de procesos represivos, analizarán en perspectiva as diferentes experiencias no referente á superación de conflitos bélicos e ditaduras, incidindo nas políticas transicionais levadas a cabo desde os diferentes gobernos.

Gardado en Noticias 18 de outubro de 2010 | sen comentarios

O Proxecto "Nomes e Voces" organiza o Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

O Proxecto "Nomes e Voces" organiza o Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

Especialistas mundiais no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación, así como as
vítimas, analizarán en perspectiva as diferentes experiencias no referente á superación de conflitos
bélicos e ditaduras así como ás políticas transicionais levadas a cabo desde os diferentes gobernos.

Gardado en Noticias 17 de outubro de 2010 | sen comentarios

«No libro falo de aqueles que me viñeron buscar para matarme»

 "Antonio Nieves non vai poder presentar mañá o seu libro de memorias no seu Escairón natal. Era o acordado, pero a directiva do Círculo Saviñao decidíu aprazar o acto ata mellor ocasión, en vista do malestar que provocou en familias dos aludidos nas pasaxes de Una lucha incansable que falan da represión posterior ao golpe militar de 1936. Antonio Nieves, tamén coñecido no Saviñao polo alcume de Narote, gardaba por escrito todo un listado de acontecementos, datas, lugares e tamén dos nomes de quen como el foron vítimas e máis dos que considera que exerceron de verdugos. Ese é o problema, que o libro lle pon nome e apelidos a veciños que participaron dun ou doutro xeito nas persecucións políticas dos anos máis duros da ditadura. El asegura que non lle importan as críticas. E está convencido de que vai poder presentar o libro. Aos seus 96 anos espera que sexa pronto, pero di estar tranquilo. «Xa se fará, non hai présa», asegura." (Fonte: Carlos Cortés, La Voz de Galicia)

Segue a nova na nosa sección de prensa xeral

Gardado en Noticias 7 de outubro de 2010 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez