Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

La USC revela 14.000 nombres y 500 voces sobre la Guerra Civil en Galicia

La USC revela 14.000 nombres y 500 voces sobre la Guerra Civil en Galicia

"El proyecto de investigación sobre la guerra de España de 1936 denominado Nomes e voces , dirigido por el catedrático Lourenzo Fernández Prieto, de la Facultade de Historia, difunde en Internet 14.000 personas represaliadas en Galicia entre 1936 y 1939, y testimonios a través de entrevistas grabadas a casi 500 de ellas. Es el fondo de historia oral más importante del mundo sobre la contienda y, al facilitar el acceso a la información a través de Internet, es apreciado por investigadores y especialistas de numerosos países, que resaltan su envergadura y singularidad." (Fonte: Joel Gómez, La Voz de Galicia)

Segue a nova na nosa sección de prensa do proxecto

Gardado en Noticias 30 de setembro de 2010 | sen comentarios

Presentación do libro "Represalia e desagravio dun médico lucense republicano", de José Luis Díaz Gómez

Presentación do libro "Represalia e desagravio dun médico lucense republicano", de José Luis Díaz Gómez

Hoxe xoves 30 ás 19.00 horas, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), terá lugar a presentación do libro de José Luis Díaz Gómez, Represalia e desagravio dun médico lucense republicano (Ediciós do Castro, 2009), nun evento organizado polo  Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".

O acto, presentado e moderado polo Catedrático de Historia Lourenzo Fernández Prieto, Investigador Principal do Proxecto, contará coa presenza do autor, que estará acompañado pola profesora María Jesús Souto Blanco, coordinadora do Proxecto “Nomes e Voces”, xunto a Isaac Díaz Pardo e Xosé Ramón Fandiño, como representantes da editora. 


José Luis Díaz Gómez, médico de profesión e investigador na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM),  é sobriño de Manuel Díaz González (Incio, 1886), médico republicano que foi duramente represaliado tras o levantamento militar de 1936. A presentación deste libro trae a primeiro termo a cuestión da recuperación da memoria da represión franquista, protagonizada neste caso por este médico do Incio que foi elixido alcalde, e máis tarde, deputado provincial por Lugo.

Gardado en Noticias 30 de setembro de 2010 | sen comentarios

Homenaxe a Marcial Villamor en Toques

Homenaxe a Marcial Villamor en Toques

O vindeiro sábado 25, o Concello de Toques, o Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" e a familia de Marcial Villamor, celebrarán un acto de homenaxe a Marcial Villamor Varela.

O programa do acto consistirá nunha ofrenda floral e inauguración dunha placa recordatorio no Campo da Feira de Vilouríz, ás 17.30 horas.

A continuación, ás 19.00 horas, Dionisio Pereira, Investigador e Coordinador do Proxecto “Nomes e Voces” impartirá a conferencia titulada: Marcial Villamor Varela, Sindicalista do Olvido, no Aula Multiusos de Toques. Colexio Vello. Praza de Souto.

Gardado en Noticias 24 de setembro de 2010 | sen comentarios

Conferencia de Antonio Miguez Macho no LSE International History

Conferencia de Antonio Miguez Macho no LSE International History

LSE International History

O martes 21 de setembro, o investigador Antonio Miguez Macho (Universidad de Santiago de Compostela/ LSE), participará xunto a  Paul Preston (LSE), Cathy Carmichael e Dacia Viejo Rose (University of Cambridge) na sesión de traballo "Rebel and Francoist violence during the Civil War", no marco das xornadas Violence and Memory: considering repression and resistance in Spain 1936-1952 in comparative perspective organizadas na LSE International History

Gardado en Noticias 8 de setembro de 2010 | sen comentarios

O Supremo respalda sentar a Garzón no banquillo pola memoria histórica

A Sala de lo Penal do Tribunal Supremo ten confirmado por unanimidade o auto ditado o pasado mes de abril no que o maxistrado deste órgano Luciano Varela resolvía sentar no banquillo dos acusados ao xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón por un presunto delito de prevaricación que habería cometido ao investigar, sin ser competente para elo, as desaparicións durante o franquismo. (Fonte: El País)

Segue a nova na nosa sección de prensa xeral

Gardado en Noticias 7 de setembro de 2010 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez