Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O catedrático Julián Casanova achégase ao traballo do Proxecto "Nomes e Voces"

O catedrático Julián Casanova achégase ao traballo do Proxecto "Nomes e Voces"

Julián Casanova Ruiz, catedrático de Historia Contemporánea na Universidad de Zaragoza, visitou esta mañá o local de traballo do Proxecto "Nomes e Voces" para coñecer máis polo miúdo a labor investigadora do Proxecto e compartir coñecementos ao redor do caso represivo galego.

Julián Casanova impartirá esta tarde unha conferencia sobre o “Cambio, conflicto y rivalidades en la España del siglo XX” no Club Faro, en Vigo.

Julián Casanova (Valdealgorfa, Teruel, 1956), é membro do consello de redacción das revistas Historia Social e Jerónimo Zurita. Membro do consello asesor de Studia Histórica (revista de Historia Contemporánea editada pola Universidad de Salamanca), Historia del Presente (revista semestral editada por la Asociación de Historiadores del Presente), Historiar (revista trimestral de Historia) e The International Journal of Iberian Studies. Membro do Comité Científico da revista Cuadernos de Historia de España, Buenos Aires, Argentina

É colaborador habitual das páxinas de opinión do xornal El País, e ten publicado ademais numerosos artigos en diferentes revistas especializadas.

Asesor histórico y presentador de “La guerra filmada”, serie de ocho horas de programas documentales sobre la guerra civil española, TVE, 2006 (editado por Filmoteca Española, Ministerio de Cultura, 2009)

En 2008 foi elexido, a proposta das partes (os familiares de desaparecidos e as asociacións para a recuperación da memoria histórica denunciantes), membro do grupo de expertos encargado de busca de fosas comúns e a identificación das vítimas no sumario contra os crímes do franquismo promovido polo xuíz Baltasar Garzón.

Gardado en Noticias 20 de xaneiro de 2010 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez