Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Homenaxe a Marcial Villamor

Homenaxe a Marcial Villamor

Marcial Villamor e Josefa Castiñeiras

O Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” organiza o acto-homenaxe a Marcial Villamor Varela mañá sábado 30 de xaneiro, a partir das 17.00 horas en Santiago de Compostela.

Gardado en Noticias 29 de xaneiro de 2010 | sen comentarios

A Consellaría de Cultura e Educación da Xunta de Galicia subvencionará a web do Proxecto "Nomes e Voces"

A Consellaría de Cultura e Educación da Xunta de Galicia financiará a web do Proxecto "Nomes e Voces"

Gardado en Noticias 29 de xaneiro de 2010 | sen comentarios

As investigadoras Ángela Cenarro e Conxita Mir reuníronse co equipo de "Nomes e Voces"

As investigadoras Ángela Cenarro e Conxita Mir reuníronse co equipo de "Nomes e Voces"

Ángela Cenarro e Conxita Mir

As investigadoras Ángela Cenarro e Conxita Mir reuníronse en Santiago de Compostela co equipo do Proxecto "Nomes e Voces", en calidade de asesoras externas do mesmo.

Gardado en Noticias 27 de xaneiro de 2010 | sen comentarios

O Proxecto "Nomes e Voces" renova a súa páxina Web

O Proxecto "Nomes e Voces" renova a súa páxina Web

Proximamente, o Proxecto “Nomes e Voces” presentará publicamente o redeseño da súa páxina www.nomesevoces.com, co obxectivo de ofrecer ao usuario un espazo máis útil e versátil para a achega á investigación histórica.

A nova versión do sitio Web presentará numerosas novidades no deseño e nos contidos con melloras tecnolóxicas, incluíndo novas ferramentas para a divulgación dos resultados da investigación do Proxecto “Nomes e Voces” e da documentación recollida a través da mesma.

Gardado en Noticias 20 de xaneiro de 2010 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Base de datos

Presentación do libro de Lourenzo Fernández Prieto "Facendo Historia con memoria" na Coruña

Presentación do libro de Lourenzo Fernández Prieto "Facendo Historia con memoria" na Coruña

Facendo Historia con Memoria (tresCtres, 2009)

Hoxe mércores día 20 ás 20.00 horas, Lourenzo Fernández Prieto presentará o seu último libro "Facendo Historia con memoria" na Sede da Fundación Caixa Galicia - Sala de Prensa (Cantón Grande, 21-24. A Coruña).

Esta obra trata do noso pasado máis incómodo: o golpe de Estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. Cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre triúnfan as dos vencedores. Só a construción histórica do pasado pode evitar este desequilibrio. O volume recolle un feixe de artigos escritos nos últimos anos por este catedrático de Historia Contemporánea da USC, que comentan como se vén recuperando ese pasado incómodo e as reaccións sociais diante deste proceso. O limiar é de Manuel M. Barreiro.

No acto intervirán Ernesto Sánchez Pombo –xornalista–, Manolo Barreiro –analista político e autor do limiar–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.

Lourenzo FERNÁNDEZ PRIETO, Facendo Historia con memoria. Colección VILARNOVO / Ideas e realidades.

Gardado en Noticias 20 de xaneiro de 2010 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez