Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O historiador Bechir Yazidi presentará mañá o seu libro “El exilio republicano en Túnez” na Facultade de Xeografía e Historia, en Santiago de Compostela

O historiador Bechir Yazidi presentará mañá o seu libro “El exilio republicano en Túnez” na Facultade de Xeografía e Historia, en Santiago de Compostela

O historiador tunesino Bechir Yazidi presentará, o vindeiro mércores día 4 de novembro ás 11.00 horas no aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, o seu libro titulado El exilio republicano en Túnez (Edicións Embora, 2008), nun acto organizado polo Proxecto de Investigación “Nomes e Voces”.

O acto, presentado polo Catedrático de Historia Contemporánea e Investigador Principal do Proxecto, Lourenzo Fernández Prieto, contará coa presenza do autor, que visita Compostela no marco do traballo de colaboración entre o Proxecto «Nomes e Voces» e o Institut Supérieur d'Histoire du Mouvement National da Université de la Manouba que coordina Bechir Yazidi en torno ao estudo da represión a través da fonte oral. Este traballo céntrase no caso da represión colonial francesa en Túnez e franquista en Galicia.


Bechir Yazidi é doutor en Historia Contemporánea e investigador do Institut Supérieur d'Histoire du Mouvement National (ISHMN) de La Manouba (Túnez). Experto nas relacións entre os países ribereños do Mediterráneo occidental, e especialmente das relacións entre España e o Magreb. En 2005 publicou El dominio del Estado y la política colonial en Túnez desde 1881 hasta la crisis de los años 30.

Gardado en Noticias 3 de novembro de 2009 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez