Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Lourenzo Fernández Prieto presentará os resultados do Proxecto "Nomes e Voces" na Asociación Cultural A Troita Armada

Lourenzo Fernández Prieto presentará os resultados do Proxecto "Nomes e Voces"  na  Asociación Cultural A Troita Armada

Hoxe, venres 16 de outubro celebrarase ás 20.00 h unha mesa redonda

no local da Asociación Gastronómica-Cultural A Troita Armada, localizada na rúa Pombal, 18.

Neste acto participará Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC, especialista en historia agraria e historia do século XX, e Investigador Principal do Proxecto “Nomes e Voces". Fernández Prieto presentará o traballo de investigación do equipo que coordina e os resultados provisorios que farán públicos o día 13 de novembro na Facultade de Xªe Hª da USC.

Ademais tamén intervirán: Fernando Vidal Collazo, profesor de ensino secundario e investigador da memoria histórica na zona da Costa da Morte; David Simón Lorda, médico psiquiatra. Doutor en medicina pola USC e autor da monografía “Médicos ourensáns represaliados na guerra civil e na posguerra" e outros artigos da represión franquista sobre o colectivo

sanitario; Xosé Luís Santos Cabanas, escritor e secretario da asociación pola

recuperación da memoria histórica de Teo “A Oliveira”.

Gardado en Noticias 16 de outubro de 2009 | sen comentarios

O historiador Francisco Espinosa reflexionará en Galicia sobre os estudos da guerra civil e a represión franquista

O historiador Francisco Espinosa reflexionará en Galicia sobre os estudos da guerra civil e a represión franquista

O historiador Francisco Espinosa Maestre (Villafranca de los Barros, Badajoz, 1954) visitará Galicia os vindeiros días 21, 22 e 23 de outubro para presentar o seu último libro, Callar al mensajero (Península, 2009), no marco das conferencias e mesas de debate que a Asociación Cultura Aberta de Carral, o Proxecto de Investigación Interuniversitario “Nomes e Voces”, e o Concello do Grove están a organizar para abordar determinados aspectos da República, da guerra civil, da represión franquista e sobre os traballos de investigación desenvoltos sobre estes temas nos últimos tempos.

A presenza de Espinosa en Galicia está relacionada coa súa anterior visita no ano 2007, para participar nas xornadas: A represión en Galiza: O dereito a saber e a liberdade de investigar, evento organizado por representantes dos colectivos que integran a Iniciativa Galega pola Memoria Histórica, o Consello pola Memoria e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove, feito este que lle serviu para o traballo que presentará nestes días. Esta obra reúne doce casos acontecidos dende a Transición que relacionan o Dereito con determinados atrancos xurídicos á recuperación da memoria e a investigación da Historia.

A obra de Francisco Espinosa Callar al mensajero presentase como o último traballo dunha longa traxectoria dedicada á investigación da República, do Golpe de Estado de 1936 e da represión franquista no suroeste, traducidas en moitos artigos e publicacións dos que tratará nas intervencións que realice nos actos de Carral, Santiago de Compostela e O Grove.


Francisco Espinosa Maestre é Historiador e Doutor en Historia na Universidad de Sevilla. Ademais é coordinador científico do Proxecto en rede para a consulta de represaliados polo franquismo Todos los Nombres de Andalucia.

Entre as súas obras destacan: La guerra civil en Huelva (1996), La justicia de Queipo (2000), La columna de la muerte (2003), El fenómeno revisionista o los fantasmas de la derecha española (2005), Contra el olvido (2006) e La primavera del frente Popular(2007).

Gardado en Noticias 15 de outubro de 2009 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez