Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto está a traballar no Centro de Documentación de la Memoria Histórica de Salamanca

O Proxecto está a traballar no Centro de Documentación de la Memoria Histórica de Salamanca

O Proxecto de Investigación Histórica sobre a represión franquista en Galicia continúa ampliando o seu fondo documental. Por este motivo, o investigador José Tomás Velasco, desprazouse ao Centro de Documentación de la Memoria Histórica de Salamanca para consultar os expedientes relativos aos procesos de responsabilidades civís e de responsabilidades políticas durante a guerra civil e o franquismo en Galicia inscritos no período 1937-1945. Este estudo compréndese como continuidade e ampliación dos traballos de baleirado levados a cabo polo Proxecto "Nomes e Voces" nos rexistros civís de toda Galicia no período 1936-1939, co obxecto de documentar a todas as vítimas da represión que alí se recollen.

Gardado en Noticias 3 de xullo de 2009 | sen comentarios

Participación de Dionisio Pereira nas xornadas "La Marina Mercant Espanyola sota el Franquisme"

Participación de Dionisio Pereira nas xornadas "La Marina Mercant  Espanyola sota el Franquisme"

Os días 2 e 3 de xullo terán lugar no Museu Marítim de Barcelona, as xornadas "La Marina Mercant Espanyola sota el Franquisme".

Nestas xornadas participará o historiador e investigador Dionisio Pereira, coordinador da provincia de Pontevedra do Proxecto de Investigación "Nomes e Voces", especialista no movemento obreiro en Galicia e que ten dedicado numerosos artigos e libros á investigación da represión franquista, atendendo de xeito especial á súa vinculación co mar, en: "Foulas e Ronseis (retrincos para un tratado do mar dos galegos)" [Edicións Positivas, 2005] e "O escenario do mar tras o Golpe Militar: o caso da beira pontevedresa da ría de Arousa" [A Trabe de Ouro, 2006].

Gardado en Noticias 2 de xullo de 2009 | sen comentarios

Curso "Entre la revolución y la reforma: Cuestión agraria y asociacionismo rural. 1874-1939"

Curso "Entre la revolución y la reforma: Cuestión agraria y asociacionismo rural. 1874-1939"

O I Curso sobre Agrarismo, titulado "Entre la revolución y la reforma: cuestión agraria y asociacionismo rural, 1874-1939", celebrarase os dí­as 1, 2, 3 e 4 de xullo de 2009, no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.

Este curso, organizado pola Fundación Luí­s Tilve, a Fundación Pablo Iglesias e a Universidade de Santiago de Compostela, está dirixido a estudantes das licenciaturas das áreas de Historia, Humanidades, Educación e Empresariais, arquiveiros, investigadores, economistas e xuristas, así como a cualquera persoa interesada no tema.

Os responsables das conferencias son especialistas na materia do agrarismo, investigadores e docentes que achegarán as súas reflexións sobre esta realidade, como o caso de Lourenzo Fernández Prieto, Diego Caro Cancela, Manuel Morales Muñoz, Emilio Majuelo Gil, Ramón Villares Paz, Samuel Garrido Herrero, María Xosé Rodríguez Lago e Xaime Barreiro Gil.

Gardado en Noticias 1 de xullo de 2009 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez