Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto "Nomes e Voces" contrata cinco investigadores para levar a cabo diferentes tarefas sobre o estudo da represión franquista en Galicia

O Proxecto "Nomes e Voces" contrata cinco investigadores  para levar a cabo diferentes tarefas sobre o estudo da represión franquista en Galicia

O Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces" ven de conceder cinco bolsas de investigación. Mediante estes contratos, levaránse a cabo o seguimento dos inculpados das causas militares de Ferrol e o baleirado dos Expedientes de Responsabilidades Civís e Políticas.

A listaxe de admitidos/as e suplentes é a que segue:

A) Admitidos/as

1.- Regueiro Méndez, Rosalia

2.- Taboada González, Sabela

3.- Corbacho González, Beatriz

4.- Rosende González, Silvia

5. -Velasco Sánchez, José Tomás

B) Suplentes

6.- Pampín Cagide, Laura

7.- Taboada Casteleiro, Andrés

8.- Rodríguez Gutiérrez, Alejandro

9.- Vidal Valiña, Carmen Marina

Gardado en Noticias 30 de xuño de 2009 | sen comentarios

Membros do equipo de Investigación do Proxecto “Nomes e Voces” realizarán cursos de formación ao redor de distintas áreas de coñecemento

Varios membros do equipo de Investigación do Proxecto “Nomes e Voces” realizarán nas vindeiras semanas cursos de formación ao redor de distintas áreas de coñecemento. Así, o investigador Antonio Somoza Cayado asistirá en Girona ao Seminario de Historia "L'ofici d'historiador" que organiza a Cátedra Ferrater Mora de Pensament Contemporani, do 15 ao 19 de xuño. O Seminario, ideado para debater ao redor da figura do investigador no contexto contemporáneo, contará coa asistenza de Josep Fontana, doutor en Historia pola Universidad de Barcelona, como profesor invitado.

Por outra banda, Chus Martínez, responsable das relacións externas do Proxecto, asistirá en Madrid ao curso científico titulado “Museos científicos y web en la Universidad del siglo XXI” que organiza a Universidade Complutense do 20 ao 25 de xullo, nunha nova edición dos Cursos de verán do Escorial; as intervencións estarán centradas na problemática que as universidades teñen por mor da conservación e exhibición do patrimonio e da necesidade de reflexionar sobre o seu futuro e posibles utilidades. O curso pretende abordar todos os perfís do tema: o senso e os fins dos museos e coleccións científicas, a súa conservación e alternativas virtuais de difusión, así como o emprego do patrimonio como identidade institucional ou profesional e a súa utilidade como ferramenta docente ante o novo marco da docencia universitaria.

Gardado en Noticias 13 de xuño de 2009 | sen comentarios

Proxección da longametraxe- documental "Flores Tristes" en Vigo

Proxección da longametraxe- documental "Flores Tristes" en Vigo

O vindeiro xoves 4 de xuño ás 20:00 h, proxectarase no Centro Cultural Caixanova de Vigo a longametraxe-documental "Flores Tristes" do realizador Teo Manuel Abad. A entrada é de balde para quen desexe asistir a proxección deste importante traballo creativo producido por Formateo, Pórtico de Comunicaciones e Tic Tac Producciones, en coprodución coa propria televisión de Galicia, e que contou co asesoramento documental do proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces". O Proxecto ofreceu os seus fondos documentais e o seu asesoramento histórico á cinta, sobre a represión franquista en Galicia e a guerra civil. Deste xeito, o documental conta co interese de incluir un material gráfico e sonoro excepcional para ilustrar os diferentes episodios desa cruenta represión, ofrecendo unha parte dos nomes desas vítimas que conforman a base de datos do Proxecto de Investigación, e que no documental teñen unha destacada presenza.

Gardado en Noticias 4 de xuño de 2009 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez