Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto de Investigación "As vítimas, os nomes e as voces" realiza unha nova compra de fondos bibliográficos para a Biblioteca de Xeografía e Historia da U.S.C.

O Proxecto de Investigación "As vítimas, os nomes e as voces" realiza unha nova compra de fondos bibliográficos para a Biblioteca de Xeografía e Historia da U.S.C.

Como ven sendo habitual, o Proxecto de Investigación "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" adquiriu unha cantidade importante de libros relativos á represión e ditadura franquista en Galicia. Entre as obras que se mercaron nesta nova compra, están: “Censo de Guerrilleiros (1936-1939)”, “Recuperando la Memoria. Entrevistas orales a protagonistas de la época guerrillera antifranquista”, “Mujeres de azul” ou “El resentimiento en la Historia”, até acadar a cifra de 20 títulos.

Deste xeito, a biblioteca de Xeografía e Historia incrementa novamente os fondos relativos a esta etapa da historia de Galicia. Con estes traballos, os investigadores do proxecto así como os estudantes, teñen un material esencial á hora de achegarse ao período de 1936-1939.

Gardado en Noticias 8 de maio de 2009 | sen comentarios

Celebración das xornadas "Conservando la memoria. Historia política en El Salvador", na USC

Celebración das xornadas "Conservando la memoria. Historia política en El Salvador", na USC

Os días 6, 7 e 8 de maio celebraránse no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC, as xornadas "Conservando la memoria. Historia política en El Salvador". Este evento, organizado polo Centro Interdisciplinario de Estudios Americanistas da USC e o Instituto de Estudios Históricos y Antropológicos da UES, pretende facer unha achega á historia latinoamericana da segunda metade do século XX, marcada por diversos conflictos políticos e sociais.

Os obxectivos das diferentes conferencias e mesas de debates que se realizarán, son en primeiro lugar, abrir á sociedade galega a reflexión acerca da importancia do ámbito científico na conservación da memoria, e da experiencia que sobre este tema estase a levar a cabo en El Salvador e en Galicia, a través da USC a través do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", dirixido polo catedrático na USC Lourenzo Fernández Prieto.

Gardado en Noticias 6 de maio de 2009 | sen comentarios

Conferencia de Lourenzo Fernández Prieto nas xornadas "Conservando la memoria. Historia política en El Salvador"

Conferencia de Lourenzo Fernández Prieto nas xornadas "Conservando la memoria. Historia política en El Salvador"

O vindeiro mércores, día 6 de maio ás 10.00 h, comezan no Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC, as xornadas Conservando la memoria. Historia política en El Salvador, nas que participará o catedrático de Historia Contemporánea na USC e I.P. do Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces", Lourenzo Fernández Prieto. Esta intervención, que leva por título "Conservación e olvido dos pasados incomodos nas sociedades contemporáneas", pretende ser unha achega aos cambios experimentados na sociedade galega a través dunha reflexión sensible á importancia do ámbito científico na conservación da memoria. A través do propio baleiro do que foi construído antes do golpe de estado, e conservado ao longo do tempo na oralidade, na tradición, nos documentos e na paisaxe, acontece unha sociedade distinta, transformada e atenta máis que nunca ao seu pasado.

Gardado en Noticias 6 de maio de 2009 | sen comentarios

Conferencia do investigador do Proxecto "Nomes e Voces" Antonio Somoza Cayado nos encontros de "Vermellas"

Conferencia do investigador do Proxecto "Nomes e Voces" Antonio Somoza Cayado nos encontros de "Vermellas"

Antonio Somoza Cayado, investigador do Proxecto "Nomes e Voces", participará nos encontros ao redor da exposición Vermellas. Chamábanlles "rojas" coa conferencia "A muller no vórtice do terror: Golpe de Estado, represión e xénero (Galiza 1936-1939)". Con esta conferencia, o Proxecto mostrará o seu estudo sobre a represión en Galicia nos últimos tres anos, nos que prestou especial atención ao tema da muller represaliada, ben como testemuña da barbarie franquista, ben como transmisora da memoria deses terribles anos.

Gardado en Noticias 5 de maio de 2009 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez