Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Conferencia do investigador do Proxecto "Nomes e Voces" Gustavo Hervella nos encontros de "Vermellas"

Conferencia do investigador do Proxecto "Nomes e Voces" Gustavo Hervella nos encontros de "Vermellas"

O vindeiro luns, día 27 de abril ás 19.00 h, o Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" será presentado en Lugo polo investigador Gustavo Hervella García, na Facultade de veterinaria de Lugo. Esta conferencia enmárcase nas xornadas organizadas en torno á exposición histórico-literaria Vermellas. Chamábanlles "rojas", dedicada á muller represaliada no periodo franquista, responsabilidade da Vicerritoría de Cultura da USC e Lugo Cultural. Neste proxecto colabora activamente o equipo de investigación interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández Prieto, que ademais de prestar asesoramento histórico, cedeu numerosa documentación gráfica e un vídeo inédito da visita do presidente da república Alcalá Zamora á cidade da Coruña en 1934.

Gardado en Noticias 27 de abril de 2009 | sen comentarios

O Proxecto "Nomes e Voces" convidado nos "Actos da Memoria" que organiza a Asociación Johan Carballeira de Bueu

O Proxecto "Nomes e Voces" convidado nos "Actos da Memoria" que organiza a Asociación Johan Carballeira de Bueu

O vindeiro domingo, día 19 de abril, o Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" será presentado polo investigador Gustavo Hervella García na vila de Bueu. Este acto, organizado pola Asociación Amigos Johan Carballeira, enmárcase na xornada "Actos da Memoria", co que se quere rendir homenaxe ás vítimas da represión franquista.

O primeiro dos actos comezará ás 17.00 h cunha ofrenda floral que contará coa intervención poética de X.M. Álvarez Cáccamo. De seguido, ás 18.00 no centro Social do Mar de Bueu, terá lugar a conferencia de Hervella García.

Gardado en Noticias 19 de abril de 2009 | sen comentarios

Conferencia do investigador Gustavo Hervella García en Marín para presentar o Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces"

Conferencia do investigador  Gustavo Hervella García en Marín para presentar o Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces"

O vindeiro venres, día 17 de abril, o Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" será presentado polo investigador Gustavo Hervella García na vila de Marín. Esta conferencia enmarcase nas xornadas que a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza co gallo da conmemoración do 78º aniversario da II República Española. A cita será no Museo Torres de Marín ás 20.30 h, seguindo ao acto no que se reporá a placa do paseo Alcalde Blanco e no que intervirá o pintor marinense Antón Sobral.

Gardado en Noticias 17 de abril de 2009 | sen comentarios

Conferencia do I.P. do Proxecto "Nomes e Voces", Lourenzo Fernández Prieto, en Cangas

Conferencia do I.P. do Proxecto "Nomes e Voces", Lourenzo Fernández Prieto, en Cangas

O vindeiro martes, día 14 de abril celebraránse na vila de Cangas, unha serie de actos para conmemorar o 78º aniversario da II República Española, proclamada o 14 de abril de 1931. Entre os actos previstos en dita conmemoración do "Día da República" organizada pola Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas e o Concello de Cangas, celebraráse a conferencia a cargo do I.P. do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" e catedrático na USC, Lourenzo Fernández Prieto. Esta conferencia levará por título "Historia da IIª República" e terá lugar na Casa da Xuventude de Cangas ás 20.00 h.

A continuación da exposición proxectarase un vídeo de 1934, pertencente ao fondo audiovisual do Proxecto. Este vídeo exhibido en moi poucas ocasións recupera a visita do presidente da república Alcalá Zamora á cidade da Coruña, con motivo da inauguración do monumento a Curros Enriquez realizado polo recoñecido escultor galego Francisco Asorey.

Gardado en Noticias 14 de abril de 2009 | sen comentarios

O fillo do represaliado Víctor Pérez, Manuel Pérez, será homenaxeado en Ourense

O fillo do represaliado Víctor Pérez, Manuel Pérez, será homenaxeado en Ourense

Manuel Pérez Fernández, será homenaxeado en Ourense ao cumprirse 70 anos do parte final da guerra, en representación das "vítimas silenciosas" da represión franquista.

Manuel Fernández foi entrevistado en 2006 polos investigadores do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares". O pai de Manuel, Víctor Pérez Bóveda, era mecánico da factoría Malengre afiliado á UGT. Como soldado de reemplazo fixo a guerra co exército da República onde loitou no fronte de Asturias até 1937. Tras ser detido polo exército franquista, foi asasinado en piedrafita de Babia (León) e enterrado nunha fosa común. O corpo de Víctor nunca foi atopado. A avoa de Manuel, así como a nai e outros familiares tamén sufriron represión.

En 2001, tras o achado dunha fosa nesta localidade berciana con 30 corpos, creu Manuel que, por fin, dera cos restos do seu pai; non foi así, e tras as análises de ADN ás que se someteu, desbotou esta posibilidade. Esa análise de ADN foi o primeiro realizado en Galicia para identificar os restos dun represaliado.

Gardado en Noticias 14 de abril de 2009 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez