Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Colaboración do Proxecto "Nomes e Voces" e a Universidade de La Manouba

A Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AEDIC) ven de concederlle ao Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” o proxecto de colaboración entre a USC e o Instituto Superior de Historia del Movimiento Nacional (ISHMN) da Universidad de La Manouba, que leva por título: “La fuente oral como base para el estudio de la represión. El caso de la represión colonial francesa en Túnez y franquista en Galicia”.

Dito convenio interinstitucional está dirixido polos seus Investigadores Principais: Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea e I.P. do Proxecto “Nomes e Voces”, e Bechir Yazidi, doutor na Universidad de La Manouba.

Esta colaboración ten como obxectivo reforzar e fomentar vínculos de investigación entre os grupos científicos de ambas universidades, constituíndo un espazo de investigación para o estudo histórico da memoria oral dos galegos e dos tunecinos ao redor da represión do tempo da guerra civil e da ditadura, tendo en conta que as costas do país africano albergaron a moitos galegos que fuxiron das represalias franquistas ao remate da guerra civil.

Os primeiros encontros para levar a cabo dito programa comezaran a partir do mes de xaneiro de 2009, tendo como escenario de traballo Galicia e Túnez.

Gardado en Noticias 7 de xaneiro de 2009 | sen comentarios

Proxecto de colaboración entre a USC e a Universidad de El Salvador

A U.S.C a través do departamento de Historia Contemporánea e América e do Centro Interdisciplinario de Estudios Americanistas "Gumersindo Busto" e a Universidad de El Salvador desenvolverán un proxecto común para expoñer os seus respectivos estudos sobre a fonte oral. Trátase dunha Acción Complementaria dentro dos Proxectos PCI-Iberoamérica da AECID 2008. O proxecto seleccionado, Formación de capacidades en organización y gestión de archivo oral y documental para la memoria histórica de El Salvador dirixido por Eduardo Rey Tristán, está baseado na celebración de dous seminarios de traballo: o primeiro titulado “Archivos orales y documentales: fuentes para el estudio de la memoria histórica en las sociedades contamporáneas” que terá lugar en Santiago de Compostela en abril de 2009, e o segundo, titulado ”Memoria e historia. El aporte de la investigación histórica a la consolidación de las democracias presentes. Retos de futuro”, que terá lugar en El Salvador en novembro de 2009.

Entre os membros do equipo de traballo están Lourenzo Fernández Prieto e Xurxo Pantaleón Cadilla, I.P. e investigador, respectivamente, de "Vítimas, nomes e voces".

A colaboración entre ambos proxectos está baseada nos traballos de fonte oral que desde o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" se levan a cabo desde 2006 e que permiten dispor de máis de 400 entrevistas a represaliados polo franquismo e que servirán para establecer unhas primeiras pautas de traballo.

Gardado en Noticias 7 de xaneiro de 2009 | sen comentarios

Renovación da colaboración entre o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" e o cineasta e investigador Antonio Caeiro

Durante o ano 2008 a asociación de Vilagarcía O Faioado da Memoria e o Proxecto de Investigación estableceron unha fructífera colaboración grazas á que se puido recuperar boa parte da historia gráfica da bisbarra arousá. Na actualidade, os fondos do proxecto recibiron máis de 1.000 reproduccións fotográficas dos anos da ditadura franquista, onde destacan as visitas que a Vilagarcía realizaron xerarcas do réxime como os ministros Solís e Girón de Velasco, ou as homenaxes que desde o concello se lle tributaron ao ditador e á súa dona. Ao remate deste primeiro ano de colaboración, as partes acordaron renovala para 2009, nun afán de recuperar completamente a memoria non só desta zona de Galicia, senón de boa parte da provincia de Pontevedra.

Gardado en Noticias 7 de xaneiro de 2009 | sen comentarios

Segundo encontro de traballo entre o equipo "Nomes e Voces" e o Institut Supérieur d'Histoire du Mouvement National da Université de la Manouba

Segundo encontro de traballo entre o equipo "Nomes e Voces" e o Institut Supérieur d'Histoire du Mouvement National da Université de la Manouba

Os investigadores tunesinos, Bechir Yazidi e Mohammed Aouini, chegan a Santiago de Compostela hoxe luns día 2 de novembro para proseguir co traballo de colaboración co Proxecto «Nomes e Voces» en torno á recuperación da memoria no marco do proxecto La fuente oral como base para el estudio de la represión. El caso de la represión colonial francesa en Túnez y franquista en Galicia, outorgado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) en 2008, ás universidades de Compostela e La Manouba.

Durante cinco días, os dous equipos de traballo compartirán diferentes actividades organizadas polo Proxecto “Nomes e Voces” que dirixe Lourenzo Fernández Prieto, entre as que se atopan a visita ao Arquivo militar de Ferrol e a visita ao Campo da rata na Coruña. O mércores, día 4 de novembro, Bechir Yazidi presentará o seu libro El exilio republicano en Túnez (Edicións Embora, 2008) no aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia ás 11.00 h da mañá.

Este segundo encontro, tras a viaxe de investigadores do Proxecto "Nomes e Voces" a Túnez no mes de setembro, permitirá ao equipo tunesino compartir en Compostela as súas pescudas na recuperación da memoria oral de Túnez, e coñecer as diferentes bases de datos da guerra civil e a represión franquista que os investigadores galegos están a crear desde o ano 2006: a recentemente publicada base de nomes das vítimas da guerra civil e as bases relacionadas coa fonte oral e documental.

Gardado en Noticias 3 de xaneiro de 2009 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez