Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto "Nomes e Voces” membro da RedAIEP

O Proxecto "Nomes e Voces” membro da RedAIEP

O Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” ven de ser incluído na "Red de Archivos e Investigadores de la Escritura Popular" (REDAIEP). Dita entidade, dirixida polo profesor Antonio Castillo Gómez, conforma un grupo de traballo que ten como principios fundamentais a conservación, o estudo e a difusión dos escritos de autoría anónima e popular, integrada tanto por arquivos como por investigadores. Deste xeito, o Proxecto de Investigación dirixido polo catedrático en Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto, pasa a formar deste grupo de traballo estatal pola súa contribución ao estudo, conservación e difusión deste tipo de material tanto co traballo desenvolto coa fonte oral como documental, áreas nas que veñen desenvolvendo un importante traballo nos últimos tres anos en relación á investigación da guerra civil e a represión franquista en Galicia.

O que se pretende desde o proxecto é a construción dun fondo de entrevistas e a recuperación de documentos para poñelos á disposición da cidadanía. Respecto a estes últimos, son varias as tipoloxías coas que se contan: documentos privados e públicos, gráficos, textuais e incluso audiovisuais, recollidos fundamentalmente mediante as máis de catrocentas entrevistas que o equipo de investigadores realizaron a represaliados e familiares tanto en Galicia como no exterior.

Red de Archivos e Investigadores de la Escritura Popular >>

Gardado en Noticias 27 de xaneiro de 2009 | sen comentarios

Colaboración do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" e o forense Fernando Serrulla Rech

Colaboración do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" e o forense Fernando Serrulla Rech

O Proxecto de investigación ten entre un dos seus fins máis destacados a colaboración con asociacións e particulares que estean a estudar a represión franquista en Galicia. Este é o caso de Fernando Serrulla médico Forense e especialista universitario en Antropoloxía Forense do Hospital Fundación Verín.

O proxecto de investigación que dirixe Serrulla Rech leva por título "Estudio de la mortalidad en el término municipal de Verín (Ourense) entre los años 1936 y 1939", e ten como obxectivos unha análise estatistica de tipo descritivo da mortalidade rexistrada nos libros de Defuncións do Rexistro Civil de Verín entre os anos sinalados. Preténdese coñecer a distribución da mortalidade rexistrando as seguintes variables: Sexo, idade no intre da morte, data de morte, causas da morte, causas da morte segundo a tipoloxía médico xeral clásica: Natural ou violenta (Homicida, Accidental, Suicida ou indeterminada), autopsia (si existiu ou non) e outros datos de interese existan no rexistro.

Especificamente preténdese coñecer no ámbito da morte violenta: distribución temporal das mortes violentas; tipoloxía dos rexistros e frecuencia e mortalidade violenta de menores e mulleres.

Gardado en Noticias 20 de xaneiro de 2009 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación, Represión, Foxas

A longametraxe Flores Tristes emitirase na TVG

A longametraxe Flores Tristes emitirase na TVG

O vindeiro sábado, 17 de xaneiro a TVG emitirá ás 16.15 h a longametraxe Flores Tristes, producida por Formateo, Pórtico de Comunicaciones e Tic Tac Producciones.

A película, dirixida por Manuel Abad, conta co apoio da Axencia Audiovisual Galega, a Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a colaboración do Proxecto de Investigación Interuniversitario " As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", que ofreceron os seus fondos documentais e o seu asesoramento histórico no relato que recolle a cinta, a represión en Galicia da guerra civil e do franquismo.

Deste xeito, o documental conta co interese de contar cun material gráfico e sonoro excepcional para documentar os diferentes episodios desa cruenta represión, ofrecendo unha parte dos nomes desas vítimas que conforman a base de datos do Proxecto de Investigación, e que no documental teñen unha importante presenza.

Gardado en Noticias 17 de xaneiro de 2009 | sen comentarios

Participación do Proxecto de Investigación no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"

O vindeiro 17 de febreiro os investigadores Andrés Domínguez Almansa e Antonio Somoza Cayado, estarán en Cangas do Morrazo para presentar os resultados da investigación que está a desenvolver o Proxecto Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares". Ditos resultados serán expostos aos alumnos dos institutos de Ensinanza Secundaria María Soliño e Rodeira; nunha presentación enmarcada no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", coordinado desde a Universidade de Santiago de Compostela por Luís Hervella Torrón, e coa que se pretende establecer un diálogo entre a USC e a Ensino Medio.

Deste xeito, a historia da guerra civil e a represión franquista en Galicia será achegada aos rapaces e rapazas que están a estudar dito episodio e poderán debatir cos investigadores a historia do seu propio contexto.

Programa "A Ponte">>

Gardado en Noticias 17 de xaneiro de 2009 | sen comentarios
Etiquetado como Educación

O CGAC presenta a película "Flores Tristes" no ciclo "Xeiras polo real"

O CGAC presenta a película "Flores Tristes" no ciclo "Xeiras polo real"

O vindeiro venres, día 16 de xaneiro, proxectarase no CGAC o documental "Flores Tristes" das produtoras Formateo, Pórtico S.L. e TVG, dirixido polo realizador Manuel Abad.

Dita proxección enmarcarse no ciclo titulado "Xeiras polo real", que terá lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 17 de xaneiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Este último traballo do realizador coruñés, escolle as flores que nacen nas cunetas como poético fio condutor dunha achega á represión franquista acontecida en Galicia, mediante as testemuñas de vítimas e familiares, atendendo a algunhas recreacións que evidencian e ilustran ese terrible episodio da historia galega.

Para a elaboración de dita langometraxe, contou coa colaboración do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, que puxo ao servizo da produtora o material gráfico e sonoro preciso para documentar os diferentes episodios desa cruenta represión, proporcionando unha parte dos nomes desas vítimas que conforman a base de datos do Proxecto e que no documental teñen unha importante presenza. Así mesmo, o Proxecto prestou ao documental moitas das fotografías que aparecen na cinta, e que integran unha base na que recóllense un importante número de fondos gráficos cedidos por familiares e colectivos, así como algún material audiovisual.

Flores tristes>>

Programa do ciclo>>

Gardado en Noticias 16 de xaneiro de 2009 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez