Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto de Investigación "As vítimas, os nomes e as voces" realiza unha compra de fondos bibliográficos para a Biblioteca de Xeografía e Historia da U.S.C.

O Proxecto de Investigación "As vítimas, os nomes e as voces" realiza unha compra de fondos bibliográficos para a Biblioteca de Xeografía e Historia da U.S.C.

O Proxecto de Investigación "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" ven de adquirir unha cantidade importante de libros e revistas relativas á represión e ditadura franquista en Galicia. Nesta compra, empregáronse 1.868 euros, e entre as obras que se mercaron están: Julián Grimau el ultimo muerto de la guerra civil, El Schindler de la Guerra Civil, Alzamiento y Guerra Civil en Galicia, Estampas de injusticia. La Guerra Civil, Atlas ilustrado Guerra Civil española ou O drama dos arquitectos na Guerra Civil, até un total de entre outros moitos, até acadar a cifra de 93 títulos.

Deste xeito, a biblioteca de Xeografía e Historia incrementa considerablemente os fondos relativos a esta etapa da historia de Galicia. Con estes traballos, os investigadores do proxecto así como os estudantes, teñen un material esencial á hora de achegarse ao período de 1936-1939.

Gardado en Noticias 3 de decembro de 2008 | sen comentarios

Proxección da longametraxe "Flores Tristes" en Cineuropa

O día 21 de novembro, Cineuropa estreou o documental de Manuel Abad "Flores tristes". Unha longametraxe no que o director pretende achegarse á represión franquista acontecida en Galicia, mediante as testemuñas de vítimas e familiares, atendendo a algunhas recreacións que evidencian e ilustran ese terrible episodio da historia galega.

Neste proxecto audiovisual, de máis de tres anos de traballo, colaborou o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, poñendo ao servizo da produtora o material gráfico e sonoro preciso para documentar episodios desa represión, ofrecendo unha parte dos nomes desas vítimas que conforman a base de datos do Proxecto, así como os lugares que foron escenarios dos asasinatos e humillacións dos que protagonizaron tan cruenta realidade. Así mesmo, o Proxecto prestou ao documental moitas das fotografías que aparecen na cinta, e que integran unha base na que recóllense un importante número de fondos gráficos cedidos por familiares e colectivos, así como algún material audiovisual.

Gardado en Noticias 2 de decembro de 2008 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez