Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación da película La buena nueva na USC

Presentación da película <i>La buena nueva </i>na USC

A directora Helena Taberna e o guionista Andrés Martorell, veñen de presentar na Universidade de Santiago de Compostela o seu último traballo La buena nueva, baseado nas vivencias do cura navarro Marino Ayerra Redín cando en xullo de 1936 é nomeado párroco do pobo de Alsasua e tense que enfrontar á represión desencadeada tralo golpe de estado do 18 de xullo de 1936.

A charla, presentada polos profesores Xosé Nogueira e Elisa Costa Villaverde analizou o filme e o traballo realizado ao redor do tema da recuperación da memoria da represión franquista, neste caso, en Navarra. As similitudes cos acontecementos galegos naqueles anos é evidente, xa que tanto en Pamplona como en Galicia non existiu fronte de guerra, e tan só unha crúa represión contra a poboación civil. Así mesmo, tamén se analizaron as produccións cinematográficas que nos últimos anos se acometeron sobre a temática da guerra civil, chegando á conclusión que si por unha banda son abundantes os títulos, aínda deberían selo máis, xa que este é un tema, en palabras de Taberna "que ten que dar para moito máis".

Na charla estiveron presentes o investigador do Proxecto "As vítimas, os nomes e as voces" Gustavo Hervella e a responsable de relacións externas e difusión Chus Martínez, que achegaron aos conferenciantes ideas e liñas de traballo que desde a U.S.C se están a levar a cabo sobre este tema, e as similitudes entre a represión acontecida en Navarra e en Galicia.

O filme, tras ser presentado no festival de Valladolid, pode ser visionado no ciclo Cineuropa que durante o mes de novembro se desenvolve en diferentes salas de Compostela.

Gardado en Noticias 5 de novembro de 2008 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez