Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Intervención do I.P. nas xornadas: "Jornades de treball sobre fosses comunes i simbologia franquista"

O pasado xoves día 9 de outubro o I.P. do Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" e Catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto participou na mesa redonda “L'estudi de les fosses: un treball interdisciplinari”, organizada polo Centre d'Estudis Històrics Internacionals de la Universitat de Barcelona (CEHI-UB), no marco das Jornades de treball sobre fosses comunes i simbologia franquista. Nesta reunión, varios profesores das universidades do estado debateron sobre as fosas comúns da represión franquista, das exhumacións levadas a cabo nos últimos anos e os traballos de análise forense dos corpos que se recuperan.

Entre os participantes atopábanse os historiadores Joan Villaroya, Miguel Gómez Oliver e Conxita Mir, o arqueólogo Joan Santacana e os biólogos Jaume Bertranpetit e Assumpció Malgosa, amais do propio Lourenzo Fernández. O debate articulouse ao redor de traballos de investigación que se están a realizar acerca das fosas e a simboloxía franquista no Estado, contando coa experiencia dos profesionais de diferentes ámbitos, así como as distancias que se marcan segundo as zonas. Para o caso galego, fíxose referencia á exhumación da fosa do alcalde de Gomesende, Celso Pérez, e ás máis recentes das Pontes, Fonsagrada, Ames, O Pino, e Ponteareas.

Así mesmo, o I.P. do Proxecto mostrou as primeiras achegas da investigación que se está a levar desde Galicia, desde que en 2006 comezase a traballar o Proxecto "As vítimas, os nomes e as voces": 4.344 mortes (extralegais, fusilamentos e na cárcere).

Importante é o traballo desenvolto na localización dos lugares de morte, e de enterramento: cunetas, cemiterios e fondeamentos.

As conclusións ás que se chegaron fan referencia á importancia dos traballos que desde as universidades españolas se están a desenvolver sobre esta temática, e a importancia de continuar, rigorosamente con eles.

Gardado en Noticias 13 de outubro de 2008 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez