Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto dixitalizará cartas dunha "madriña de guerra"

O Proxecto dixitalizará  cartas dunha "madriña de guerra"

O proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" vai aumentar o seu fondo documental coa dixitalización duns importantes documentos que permitirán achegarse á realidade da guerra civil a través das cartas enviadas a unha “madriña de guerra”. Estas cartas, que pertencen á familia Gemma Cestay-García Cuervo, referencia a correspondencia establecida entre o combatente Ignacio López e a súa “madriña de guerra”, Ignacia Cestay, nada en 1920 e morta en 1943.

Os documentos compóñense de aproximadamente 60 cartas manuscritas onde o autor vai narrando o cotián da súa situación nos diferentes frontes da guerra.

Estes documentos de valor histórico destacado, son propiedade da devandita familia, que xa colaborara co Proxecto mediante a concesión dunha entrevista por parte de José García Cuervo, fillo dun militar republicano, Antonio García, natural de Cartaxena e deportado a Pontevedra a finais da guerra.

Con este traballo, o Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" porá á disposición da cidadanía uns documentos de relevante valor histórico.

Gardado en Noticias 30 de outubro de 2008 | sen comentarios

Ana Cabana, asesora do Proxecto de Investigación, desenvolverá un Proxecto de investigación que corresponde ao programa sectorial de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D SUMA do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innov

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia ven de outorgarlle a Ana Cabana Iglesia, profesora titular do departamento de Historia Contemporánea e de América da USC e asesora do Proxecto de investigación “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, un Proxecto de investigación que corresponde ao programa sectorial de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D SUMA do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE). A investigación a desenvolver leva por título: “Proxecto de investigación sobre o tratamento e estudo da documentación relacionada coa represión franquista en Galicia”, un traballo que permitirá localizar, avaliar, conservar e poñer en valor aquela información de carácter histórico relacionada coa represión franquista e que permitirá poñer a disposición da cidadanía unha documentación até o de agora inédita sobre esta temática. Trátase de cartas, diarios, memorias e fotografías que servirán para botar luz sobre este período da historia de Galicia.

Gardado en Noticias 29 de outubro de 2008 | sen comentarios

Presenza do Proxecto en Tui

O Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, participará nas “Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica" organizadas pola Asociación “Levada Libre” e que se celebrarán os días 29 e 30 de outubro en Tui.

A participación do Proxecto consistirá nunha presentación do Proxecto o xoves día 30 de outubro ás 19.15 h no Museo Municipal, próximo a San Domingos, na que intervirán os membros do equipo: Andrés Domínguez Almansa, investigador contratado do Proxecto e Chus Martínez Domínguez, responsable das relacións externas do Proxecto. A conferencia, que leva por título “Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", abordará o estudo da guerra civil e da represión franquista, poñendo á disposición da cidadanía de Tui, información que arroxe luz sobre esta etapa da historia de Galicia e, así mesmo, acollerá o debate e a posibilidade de futuros contactos con persoas susceptibles de ser entrevistadas para incrementar dese xeito, o importante fondo oral que o proxecto ten configurado.

Gardado en Noticias 23 de outubro de 2008 | sen comentarios

Colaboración do Proxecto coa longametraxe "Flores tristes"

O Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" dirixido polo I.P. Lourenzo Fernández Prieto, está a colaborar coa longametraxe documental “Flores tristes” dirixida por Manuel Abad, responsable de Formateo S.L. en colaboración con Pórtico Produccións. A longametraxe, retrata a represión franquista acontecida en Galicia, mediante as testemuñas de vítimas e familiares, atendendo a algunhas recreacións que evidencian e ilustran ese terrible episodio da historia galega.

O equipo de Investigación "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", puxo ao servizo da produtora o material gráfico e sonoro preciso para documentar esa represión, ofrecendo unha parte dos nomes desas vítimas que conforman a base de datos do Proxecto, así como os lugares que foron escenarios dos asasinatos e humillacións dos que protagonizaron tan cruenta realidade. Así mesmo, o Proxecto prestou ao documental moitas das fotografías que aparecen na cinta, e que integran unha base na que recóllense un importante número de fondos gráficos cedidos por familiares e colectivos, así como algún material audiovisual.

O resultado de tan importante traballo culminará coa presentación da película no mes de decembro, momento no que o Proxecto prestará novamente a súa colaboración.

Gardado en Noticias 20 de outubro de 2008 | sen comentarios

Presenza do Proxecto en Sada

Presenza do Proxecto en Sada

O pasado sábado día 11 de outubro, no marco das II Xornadas Irmáns Suárez Picallo, organizadas pola Comisión Irmáns Suárez Picallo en Sada, tivo lugar unha mesa redonda onde participou Gustavo Hervella García, investigador contratado no Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares". A mesa, que levaba por título “A represión en Sada - intervención de testemuñas da represión franquista”, reuniu varias testemuñas que reflexionaron sobre a represión da guerra civil e franquismo na vila coruñesa, poñendo á disposición da cidadanía a posibilidade de achegarse a esta etapa da historia do país. Ademais de Gustavo Hervella, atopábanse como participantes da mesa tres familiares de represaliados veciños de Sada; un sobriño dos irmáns Suárez Picallo, o presidente da Asociación Irmáns Suárez Picallo e sobriño dun paseado, Amable Castiñeira e Jesús, irmán dun falecido na fronte de Cataluña en 1938. O debate articulouse ao redor das lembranzas destes testemuñas da represión, tendo como punto de partida a presentación do Proxecto de investigación “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" e os estudos que se están a realizar en relación ás vítimas do franquismo e das achegas á realidade histórica do concello de Sada.

Gardado en Noticias 14 de outubro de 2008 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia