Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto `As Vítimas , os Nomes e as Voces´ analiza os diarios de Gonzalo Becerra, militante da CNT

O Proxecto `As Vítimas , os Nomes e as Voces´ analiza os diarios de Gonzalo Becerra, militante da CNT

Os membros do Proxecto de Investigación `As Vítimas, os Nomes e as Voces´ acometen a análise de preto de sete quilos de material diarístico do militante anarquista Gonzalo Becerra (1910-1976), entre o que se atopa documentación con códigos cifrados da primeira guerrilla.

Becerra sobreviviu oculto (¡na súa casa!) dende o ano 36 ata a súa morte, utilizando un zulo de 2 metros cadrados construído nun lateral da mesma.

O material, doado hai un mes por Ovidio Becerra, o último dos oito irmáns, aportará luz sobre a dura e longa experiencia dun home que viviu o maquis...na súa propia casa.

Para máis información pode visualizar e/ou descargar a reportaxe publicada no xornal El País o domingo, 4 de maio de 2008.

Gardado en Noticias 6 de maio de 2008 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez