Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O fondo de entrevistas do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces"

O Proxecto de Investigación Interuniversitario ten realizado, até xullo de 2008 un total de 347 entrevistas a represaliados polo franquismo ou aos fillos que teñan memoria do que lles sucedeu a seus pais.

A metodoloxía seguida para a súa realización contempla a documentación individualizada de cada unha das entrevistas, seguida da realización dun guión personalizado e aberto, que é empregado no transcurso da gravación como unha guía –nunca como un cuestionario pechado-, co obxectivo de conseguir un repaso á traxectoria vital do entrevistado en relación ao feito estudado, no noso caso a guerra civil e a represión en Galicia, e da memoria transmitida sobre ese feito. Trátase ademais de estimular o relato espontáneo sempre que este se produza e de empregar o guión previo para apoiar e ampliar ese relato.

A distribución territorial é: 103 na provincia da Coruña, 44 en Lugo, 36 en Ourense, 135 en Pontevedra, 17 na Arxentina, 2 en Asturias, Barcelona e Cuba, 1 en Girona e 5 en Uruguai. Delas, 193 son a homes e 154 a mulleres.

Nos próximos meses seguirase con esta tarefa, con entrevistas programadas en varios concellos de Galicia, amais de en Madrid, Barcelona e Asturias. A temática seguirá sendo, fundamental aínda que non unicamente, a da represión da guerra civil e a experiencia vital das persoas durante a ditadura franquista. Así mesmo, a Asociación de veciños Minas de Brea (Vila de Cruces) púxose en contacto cos investigadores do proxecto para que este realizara unhas xornadas sobre a Fonte Oral.

Gardado en Noticias 24 de abril de 2008 | sen comentarios

Inminente baleirado dos rexistros civís de Galicia

Inminente baleirado dos rexistros civís de Galicia

O Proxecto de Investigación histórica sobre a represión franquista en Galicia, financiado pola Consellería de Cultura e Deporte, leva case dous anos de actividade e continúa ampliando o seu acervo de documentación de todo tipo e coñecementos.

Baixo a dirección e coordinación do Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Lourenzo Fernández Prieto, trátase dun proxecto que integra investigadores das tres universidades galegas e quere servir de cemento científico para profundar no coñecemento da historia da Guerra Civil e da represión franquista. na Galiza...

Gardado en Noticias 2 de abril de 2008 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez