Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación do libro: ´Memorias de un piojo republicano´ de Ernesto Carratalá

Presentación do libro: ´Memorias de un piojo republicano´ de Ernesto Carratalá

O Proxecto de Investigación Interuniversitario ´As vítimas, os nomes e as voces´ organiza a presentación do libro ´Memorias de un piojo republicano´ do que é autor Ernesto Carratalá, represaliado polo franquismo que estivo preso en varias cáreceres, entre elas o Lazareto de San Simón. O acto terá lugar o xoves 25 de outubro ás 19:00 horas na aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia.

Ernesto Carratalá (Madrid, 1918) é doutor en Filosofía e Letras, catedrático numerario de Escolas Universitarias (xubilado) e experto en Pedagoxía Comparada. Foi profesor nas universidades de Barcelona, no Illinois and California Universities Abroad Studies Program e da State University of New York at Albany.

´Memorias de un Piojo Republicano´ narra as vivencias de Ernesto Carratalá desde o golpe de estado franquista de 1936. Foi ferido, prisioneiro nas cárceres do penal de Burgos, Forte de San Cristóbal, Lazareto de San Simón, Cárcere Cuartel de Santocildes de Astorga e Cárcere Modelo de Barcelona. Foi condenado a pena de morte, conmutada posteriormente. Tras este periplo vital, licenciouse e doutorouse, acadando a cátedra de Lingua e Literatura francesa.

Gardado en Noticias 24 de outubro de 2007 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez