Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Os principais investigadores da memoria histórica, en Santiago

O encontro de grupos de investigación Historia e Memoria é unha iniciativa que sitúa á comunidade autónoma nun lugar preferente neste tipo de estudos, ó reunir, por primeira vez, a grupos de todo o Estado en torno ó análise da memoria histórica.

Gardado en Noticias 17 de xullo de 2007 | sen comentarios

A voz dos represaliados

A voz dos represaliados

O encontro Historia e memoria inaugurouse onte cun primeiro taller sobre a memoria e as vítimas.

Nel, representantes das universidades de Sevilla, Lleida, Zaragoza e Santiago de Compostela expuxeron as súas teses arredor destes dous conceptos na primeira charla deste Encontro de grupos e investigadores que trata de "conxugar os distintos proxectos de investigación" sobre a represión franquista, segundo indicou o coordinador Emilio Grandío. No acto de presentación participou a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, quen destacou que todo o traballo de investigación sobre a memoria histórica é un "elemento de xustiza necesario". A titular de Cultura indicou que son precisos anos para cuantificar as vítimas da represión.

(..)

Gardado en Noticias 17 de xullo de 2007 | sen comentarios

``Galicia foi a comunidade que máis sufriu a represión de Franco´´

``Galicia foi a comunidade que máis sufriu a represión de Franco´´

A política do olvido da transición fixo que aínda hoxe miles de familias desoñezan o paradeiro dos seus pais, irmáns ou avós. Proxectos

como o andaluz Todos os nomes, dirixido polo doutor en Historia en Sevilla, Francisco Espinosa, que onte participou nas xornadas organizadas na Facultade de Historia de Santiago sobre a memoria histórica, pretenden facer da memoria un factor de identidade social a partires do recoñecemento público dos erros do pasado. "As feridas estaban mal pechadas. Primeiro, impideuno a ditadura, logo a transición e finalmente 14 anos de políticas de silencio e olvido", denuncia Espinosa

Gardado en Noticias 17 de xullo de 2007 | sen comentarios

Localizadas en España un total de 284 fosas con cadáveres da guerra civil e a ditadura franquista

O médico forense Fernando Serrulla informou deste dato na ‘Xuntanza de Proxectos de Investigación sobre o estudo da represión franquista’

A ‘Xuntanza de Proxectos de Investigación sobre o estudo da represión franquista’, que se está a celebrar na Facultade de Xeografía e Historia dende o pasado luns, continuou este martes 17 apuntando que en España xa foron localizadas un total de 284 fosas con cadáveres da guerra civil e a ditadura franquista. Ademais deste dato, o médico forense Fernando Serrulla informou que un nutrido grupo de familiares reclama saber o paradoiro de 2.267 desaparecidos nesta época e que, en Galicia, xa foron investigadas fosas de O Vicedo, Soutadouro, Villarrube e Valdoviño.

Na sesión matinal desta xornada do encontro, titulada ‘Xeografía física da represión’, tamén participaron a traballadora da Dirección Xeral da Memoria Democrática da Generalitat de Cataluña, Genma Simón; Santiago Macias, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH); o membro do Foro por la Memoria, José María Pedreño; e o coordinador desta xuntanza, Emilio Grandío Seoane.

No transcurso da reunión, José María Pedreño subliñou a necesidade de investigar a represión franquista mediante a creación de equipos interdisciplinarios formados por antropólogos, arqueólogos, historiadores, documentalistas ou avogados que estuden un pasado que existiu. Así mesmo, este membro do Foro por la Memoria apuntou que a súa asociación tamén realiza outras actividades como charlas polos concellos nas que lembran que “a República non foi a causa da Guerra Civil” e, polo tanto, “as súas vítimas tamén merecen xustiza”. Por iso, José María Pedreño reclamou unha maior implicación estatal neste tipo de investigacións.

Na mesma liña, Santiago Macías comentou os traballos que está realizando a súa organización na exhumación de cadáveres destacando as actuais investigacións na fosa central de Fonsagrada onde se atopou o primeiro comandante asasinado sen xuízo polo réxime franquista, José Moreno Torres, e quince compañeiros máis. Para poder facer este tipo de investigacións con éxito, Santiago Macías manifestou a importancia do papel dos familiares que se poñen directamente en contacto coa ARMH, axilizando as investigacións.

Pola súa banda, Genma Simón destacou os traballos que está a levar a Generalitat de Cataluña na busca de desaparecidos durante a guerra civil e o franquismo a través da apertura dunha fosa como proba piloto, coa creación dunha lei que mellore os estudos das fosas e coa elaboración dun censo no que máis de 1800 familias cataláns xa solicitaron información sobre algún dos seus membros.

Outras charlas

A ‘Xuntanza de Proxectos de Investigación sobre o estudo da represión franquista’ continúa na tarde do martes a partir das 16:30 horas con varias charlas sobre a divulgación e accesibilidade social sobre o fenómeno represivo que ofrecen o coordinador do Barco da Memoria de Pontevedra, Dionisio Pereira; a responsable do Plan Rosebud, María Ruido; a membro de Edicións do Castro, Charo Portela; e o participante do proxecto Todos los Nombres, Cecilio Gordillo.

Xa o mércores 18, a Facultade de Xeografía e Historia acollerá a última xornada desta xuntanza centrada no tratamento das fontes orais e na que participarán varios especialistas de Barcelona, Sevilla, Oviedo e Santiago.

Gardado en Noticias 17 de xullo de 2007 | sen comentarios

Localizadas en España 284 fosas con cadáveres da Guerra Civil e a ditadura franquista

O médico forense Fernando Serrulla asegurou hoxe en Santiago no marco da 'Xuntanza de Proxectos de Investigación sobre o estudo da represión franquista' que foron localizadas en España un total de 284 fosas con cadáveres da Guerra Civil e a dictadura.

(..)

Gardado en Noticias 17 de xullo de 2007 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez