Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

14.000 galegos foron xulgados polos tribunais franquistas

Máis de 14.000 galegos pasaron pola xustiza militar franquista entre 1936 e 1939, según explicou onte a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, durante a súa comparecencia voluntaria no Parlamento para facer balance do Ano da Memoria 2006. E a primeira extrapolación oficial do proxecto de investigación das tres universidades As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.

O estudio do arquivo militar de Ferrol recolle 2.595 causas de Terra abertas a 7.227 galegos.

Os historiadores estiman a cifra de 14.000 a partires das que podería haber en Marina. Como sinala Emilio Grandío, coordinador do proxecto As vítimas na provincia de A Coruña, “estamos na primeira fase”. “A maior parte das sentencias en A Coruña son sobreseimientos nos que o encausado pasaba a disposición do delegado de Orden Público. Moitísimos sobreseimientos agochan paseos”.

No que respecta ó debate político, a bronca instalouse no Parlamento cando o portavoz de Cultura do PP, Ignacio López-Chaves, insistiu en trazar analoxías entre o programa do Ano da Memoria e o de A Cultura Circula.

“Aquí para algúns seguimos como fai 70 anos”, replicou Bugallo, que desglosou o presuposto do Ano da Memoria —900.000 euros— e acusou ao conselleiro de Cultura vigués de “falta de respeto ás vítimas”.

Cando a conselleira esixíu a López-Chaves que aclarase a posición do seu partido a respecto da aparición de símbolos franquistas en actos públicos, éste aludiu á “queima de bandeiras”.

“Despois dun mitin do BNG en 1984 queimouse unha bandeira española, así que non falen de bandeiras. Algúns compartían mítins con Idígoras”.

Gardado en Noticias 22 de marzo de 2007 | sen comentarios

As pegadas da Guerra Civil

El País, 12 de marzo de 2007.

“¿Por qué non falamos dunha vez de xenocidio e dereitos humáns?”, preguntase Lourenzo Fernández Prieto, coordinador do proxecto trianual As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.

(...)

Para ordenar o posible, Cultura aportou 150.000 euros para o proxecto na estela do Ano da Memoria. Xulio Prada, María Jesús Souto, Emilio Grandío e Dionisio Pereira responsabilizanse de compilar fontes en Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, mentras Xurxo Pantaleón coordina a recollida de fontes orais.

A idea é construir unha base de datos cos nomes das vítimas da represión e un fondo de entrevistas [xa se dispón de máis de 250 gravacións de máis de tres horas cada unha, ademáis de outras 400 do fondo oral da USC], e localizar e identificar os lugares da represión.

A futura base de datos da Guerra Civil en Galicia presentarase este ano. As entrevistas, que seguirán o seu curso, axudarán a estudar as razóns, a tipoloxía e a disparidad da represión.

O arquivo final ubicarase probablemente na Cidade da Cultura.

(...)

Gardado en Noticias 12 de marzo de 2007 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez