Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Lourenzo Fernández Prieto e Dionísio Pereira participarán o 12 de maio na homenaxe aos portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Española. Intervendrán nunha mesa de debate xunto a outros profesores das universidades de Minho e Lisboa. No acto, que se celebrará en Monçao, tamén participará Mario Soares, ex presidente de Portugal entre 1986 y 1996.
O pasado venres 27 de abril, o Consello da Cultura Galega organizou o "V Encontro O Son da Memoria: as coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital", na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Un encontro de posuidores ou xestores de coleccións de gravacións sonoras que existen no país, entre as que se atopa o Proxecto 'Nomes e Voces', co fin de intercambiar información sobre as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles.
A posta en común de diferentes proxectos contextualizados nunha nova ciscunstancia espacial e tecnolóxica, serviu para compartir unha sensibilidade común no que respecta á rede, eido idóneo para explorar o moito que se ten feito en Galicia no campo dos arquivos e coleccións documentais, desde a Universidade, o ámbito público e privado.
Ao remate do encontro, emprazouse aos convidados a un segundo encontro das grandes coleccións para repartir esforzos na homoxeneidade do tratamento documental.

O encontro será dun día de duración e nel contarase coa presenza de representantes de arquivos de medios de comunicación, universidades e institucións galegas e mais de grupos de recompilación etno-musical para debater as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles entre os diferentes arquivos en prol da rendibilidade da documentación dispoñible.

Hoxe venres día 3 de febreiro ás 10.00h., dará comezo o seminario-debate: "Que futuro para o agro?", unha iniciativa organizada pola Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia, que terá lugar na Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias (Vilaframil-Ribadeo).

O coordinador de 'Nomes e Voces' e profesor de Historia Contemporánea na USC, Emilio Grandio Seoane, participa hoxe venres día 30 de setembro nas xornadas 'Memoria dun tempo", organizadas polo colectivo "Memoria e dinidade" de Mañón. A conferencia levará por título "Mañón anos 30. Da democracia republicana á ditadura franquista"
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.