Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Galería de imaxes do Seminario da investigadora Raquel Varela acerca dos conflitos sociais

Galería de imaxes do Seminario da investigadora Raquel Varela acerca dos conflitos sociais

Raquel Varela (1978) é investigadora do Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa, onde coordena o Grupo de Estudos do Trabalho e dos Conflitos Sociais e investigadora honorária do Instituto Internacional de História Social, onde coordena o projecto internacional In the Same Boat?Shipbuilding and ship repair workers around the World (1950-2010).

Gardado en Seminarios 19 de setembro de 2012 | sen comentarios

Seminario Internacional "Memoria y derecho. Reparación de víctimas e investigación histórica" en Cáceres

 O Proxecto da Recuperación da Memoria Histórica en Extremadura xunto co Departamento de Dereito Constitucional da Universidade de Extremadura colaboran na organización dun seminario internacional "Memoria e dereito. Reparación de vítimas e investigación histórica" que terá lugar en Cáceres o 7 e 8 de novembro de 2012.

Gardado en Seminarios 3 de setembro de 2012 | sen comentarios

A Universitat de Lleida organiza o seminario: 'Espacios de duelo y memoria de las víctimas de la represión franquista: memoriales, dignificaciones e intervenciones patrimoniales'

O seminario: Espacios de duelo y memoria de las víctimas de la represión franquista: memoriales, dignificaciones e intervenciones patrimoniales, terá lugar na Universitat de Lleida os días 23 e 24 de maio de 2012. Estará coordinado pola Profesora da Universitat de Lleida, Conxita Mir i Josep Gelonch, asesora do Proxecto Nomes e Voces.

O Seminario está organizado polo Departamento de Historia da Universitat de Lleida

Gardado en Seminarios 18 de maio de 2012 | sen comentarios

Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history"

Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history"

O martes 17 de abril, celebrarase no Instituto Universitário de Lisboa (ISCTE - IUL)  o Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history". Participan os membros do Grupo HISTAGRA: Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo, Ana Cabana, Daniel Lanero, Araceli Freire e Alba Díaz.

Gardado en Seminarios 16 de abril de 2012 | sen comentarios

Presentación do Proxecto Nomes e Voces na Universidade de Évora

Presentación do Proxecto Nomes e Voces na Universidade de Évora

Lourenzo Fernández Prieto presentará mañá sabado día 3, na Universidade de Évora: “Projecto www.nomesevoces.net. Persecución e eliminación política na Galiza (1936-1939). A historia alen da memoria. Das vitimas aos verdugos", no marco do Seminário sobre vitimas do franquismo emigraçoes forçadas.

Gardado en Seminarios 2 de marzo de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez