Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O martes 17 de abril, celebrarase no Instituto Universitário de Lisboa (ISCTE - IUL) o Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history". Participan os membros do Grupo HISTAGRA: Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo, Ana Cabana, Daniel Lanero, Araceli Freire e Alba Díaz.
Lourenzo Fernández Prieto presentará mañá sabado día 3, na Universidade de Évora: “Projecto www.nomesevoces.net. Persecución e eliminación política na Galiza (1936-1939). A historia alen da memoria. Das vitimas aos verdugos", no marco do Seminário sobre vitimas do franquismo emigraçoes forçadas.

Hoxe venres 24 de febreiro, o profesor Juan Infante Amate participará nun Seminario organizado polo Grupo HISTAGRA. A súa presentación levará por título “El factor ambiental” en la especialización agraria del sur de España. El caso del cultivo del olivo (ss. XVIII-XX).
Juan Infante Amate (Valdepeñas de Jaén, Jaén, 1983) é Profesor de Historia Contemporánea e membro do Laboratorio de Historia dos Agroecosistemas da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. Doutor Europeo pola devandita universidade cunha tese sobre a historia da expansión olivareira no sur de España. A súa investigación foi defendida nunha vintena de congresos e publicou diferente traballos sobre historia agraria, historia ambiental e agroecología, con especial énfase na historia do oliveiral andaluz (aparecidos en revistas como Historia Agraria, Journal of Cleaner Production, Agriculture, Ecosystem and Environment, Revista de Economía Critica ou Revista de Estudos Rexionais). Foi investigador visitante no Insituto de Ecología Social de Viena e na Escola de Historia da Universidade de East Anglia. En 2011 recibiu o VII Premio de Historia Agraria de Investigación, concedido pola Sociedade Española de Historia Agraria.
A Rede de Grupos de Investigación en Agroecoloxía e Historia (ReVolta) organizou a pasada semana en Ribadeo un debate sobre o futuro do agro do que saíron as liñas de traballo para este ano da rede que conforman os grupos HISTAGRA, COSMERUN, GIEEA, GESPIC e LABORATE.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.