Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía'

Publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía'

Ven de publicarse a publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía' (Ediciones Trea, 2012). Este libro recolle as cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela no ano 2010.

Gardado en Presentacións 28 de febreiro de 2012 | sen comentarios

Lectura de Tese de Pedro da Silva sobre a historia dun conflito medioabiental

Lectura de Tese de Pedro da Silva sobre a historia dun conflito medioabiental

O investigador membro do Grupo HISTAGRA, Pedro da Silva, defendeu a súa Tese de Doutoramento titulada: “No rasto da draga. Exploraçao mineira, depredaçao ambiental e protesto popular numa aldeia da Beira Baixa (1912-1980), dirixida polo profesor deste departamento Lourenzo Fernández Prieto.

Gardado en Presentacións 22 de decembro de 2011 | sen comentarios

Presentación do documental "SALAMANCA 1936. Residencia oficial de Franco"

 O Foro por la Memoria de Salamanca ven de elaborar un documental que presentará o vindeiro xoves, 15 de dicembro ás 19 horas no Salón de Actos da Facultad de Geografía e Historia.

O seu título é: "SALAMANCA 1936. Residencia oficial de Franco".

Gardado en Presentacións 13 de decembro de 2011 | sen comentarios

Presentación do libro "Santiago Casares Quiroga. La forja de un lider"

Presentación do libro "Santiago Casares Quiroga. La forja de un lider"

Hoxe xoves, día 17 ás 20.30h., preséntase na Librería Arenas (Cantón Pequeño 25, A Coruña) o libro "Santiago Casares Quiroga. La forja de un lider" (Editorial Eneida), de Emilio Grandío Seoane, profesor do Departamento de Historia Contemporánea e Coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", e Joaquín Rodero Carretero, Presidente da Asociación Manuel Azaña de León e Investigador.

O acto, organizado polo Ateneo Republicano de Galicia (ARGA), contará coa presenza dos autores e será presentado por Carlos Fernández Santander.

Nesta obra, os historiadores achéganse á persona e á personalidad desta destacada figura política desde su vertiente más conocida, a pública como ministro e xefe do gabinete republicano, así como na privada, familiar e íntima, enormemente relevante para entender o seu comportamento público.

Líder e fundador da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), destaca o seu nomeamento como Presidente del Consejo de Ministros y Ministro de la Guerra (mayo de 1936) tras o acceso de Azaña á presidencia da República. Desde este posto,  organizou o referéndum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia o cal foi aprobado o 28 de xuño de 1936.

Morreu no exilio en 1950.

Ligazón de interese:

Esther Casares Quiroga

Gardado en Presentacións 17 de novembro de 2011 | sen comentarios

Presentación do libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo" de Emilio Grandío en Oviedo e Monforte de Lemos

Presentación do libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo" de Emilio Grandío en Oviedo e Monforte de Lemos

Emilio Grandío Seoane, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces", presentará nos próximos días o libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la guerra civil española (1936-1937)" [Ediciones Nigra Trea, 2011]

Así, o martes día 7 de xuño ás 19.30 horas, estará na Librería Cervantes (c/ Doctor Casal, 9) de Oviedo a xunto Rubén Vega, profesor de historia contemporánea de la Universidad de Oviedo.

O mércores día 8 de xuño, ás 20.15 horas, a obra será presentada na Galería Sargadelos de Monforte de Lemos (Praza de España, 2) coa asistencia do autor.

O libro recolle o diario de guerra de Faustino Vázquez Carril, xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte e executado en 1937

Ver novas relacionadas

Gardado en Presentacións 7 de xuño de 2011 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez