Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación de 'War Zone. La Segunda Guerra Mundial en el Noroeste de la Península Ibérica'

Presentación de 'War Zone. La Segunda Guerra Mundial en el Noroeste de la Península Ibérica'

O vindeiro xoves 31 de maio ás 20:00 horas presentarase o libro War Zone. La Segunda Guerra Mundial en el Noroeste de la Península Ibérica publicado por la editorial Eneida; coordinado por Javier Rodríguez González e Emilio Grandío Seoane.

O acto terá lugar no Salón de Actos da Fundación Sierra-Pambley, en León.

O libro é resultado do Proxecto de Investigación "Represión y clandestinidad política en el Noroeste de la Península Ibérica durante la Segunda Guerra Mundial", concedido polo Ministerio de la Presidencia á Universidad de León, dirixido polo Profesor de Historia Contemporánea da Universidad de León Javier Rodríguez González.

Novas relacionadas:

ileón.com

Gardado en Presentacións 31 de maio de 2012 | sen comentarios

Presentación do libro "Desvelados" e do documental "Morrer de soños" de Clemente Bernad

Presentación do libro "Desvelados" e do documental "Morrer de soños" de Clemente Bernad

Hoxe mércores 2 de maio ás 20.00 horas, na Libraría Couceiro (Cervantes, 6) presentase o libro Desvelados e o documental "Morrer de soños" de Clemente Bernad.

Participarán xunto ao autor: Margarita Ledo (escritora e profesora na USC), Xosé Ramón Pousa (periodista e profesor na USC), Ramón López Facal (Historiador e profesor na USC), Carmen García Rodeja (profesora e membro da ARMH) e Clemente Bernard (fotógrafo e autor do libro).

Gardado en Presentacións 2 de maio de 2012 | sen comentarios

Presentación do libro "José Pasín Romero" do Investigador Dionisio Pereira

Presentación do libro "José Pasín Romero" do Investigador Dionisio Pereira

Hoxe luns día 16 de abril, o investigador e economista Dionisio Pereira presenta o seu último libro: José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.

A presentación contará coa presenza do autor que estará acompañado polo profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces', e Víctor Santidrián, da Fundación 10 de marzo.

Gardado en Presentacións 16 de abril de 2012 | sen comentarios

Presentación do libro "A represión franquista na comarca da Coruña", do Proxecto Nomes e Voces

Presentación do libro "A represión franquista na comarca da Coruña", do Proxecto Nomes e Voces

Hoxe, venres 13 de abril ás 20.00 horas, o Proxecto 'Nomes e Voces' presentará en A Coruña (no Melia Maria Pita Hotel,  Avd. Pedro Barrie De La Maza,1 ) o seu libro "A represión franquista na comarca da Coruña", publicado por Edicións Laiovento. Nun acto no que participarán Emilio Grandío, Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces'; Xurxo Pantaleón, Investigador do Proxecto 'Nomes e Voces' e Manuel Monge, ex Presidente da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña.

Gardado en Presentacións 13 de abril de 2012 | sen comentarios

Actos conmemorativos no día da república organizados pola Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña

A comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña celebra o día da república con diferentes actividades. Unha delas é a presentación do libro "A represión franquista na comarca da Coruña" , do Proxecto Nomes e Voces, publicado en Edicións Laiovento, o día 13 de abril ás 20 horas.

PROGRAMA
VENRES, 13 DE ABRIL

Cea da República, ás 21,30 horas, no Hotel Meliá María Pita (no paseo Marítimo, xunto á Praia do Matadoiro).

Haberá a actuación musical de Sés e a proxección dun audiovisual sobre as vítimas da represión.

Entregarase a Mariví Villaverde, que cumpre 90 anos en 2012, a distinción de Republicana de honra 2012.

Ás 20 horas dese venres e no mesmo hotel teremos a presentación do libro A REPRESIÓN FRANQUISTA NA COMARCA DA CORUÑA, do Proxecto Nomes e Voces, publicado en Edicións Laiovento, coa participación de Emilio Grandío, Xurxo Pantaleón e Manuel Monge. O libro recolle as semblanzas das 600 persoas asasinadas, así como numerosas fotografías.

Ás 18,30 horas dese mesmo día faremos unha ofrenda floral no Memorial ás vítimas do franquismo na avenida de Navarra da Coruña

XOVES, 12 DE ABRIL

Ás 20 horas haberá unha recepción oficial da Real Academia Galega (RAG) a Mariví Villaverde e a continuación, no salón de actos da RAG, haberá unha charla-coloquio coa presenza da homenaxeada e a participación de Marga Doval e Francisco Pillado.

XOVES, 19 DE ABRIL

Ás 20 horas, na Fundación Paideia (praza de María Pita), presentación dun audiovisual sobre a memoria oral das familias dos represaliados, coa participación de Xosé Antón Bocixa, autor do traballo, e Beatriz Gómez Amigo, promotora do proxecto.                        

BREVE BIOGRAFÍA DE MARIVÍ VILLAVERDE

María Victoria Villaverde naceu en Vilagarcía de Arousa en 1922. Filla do deputado por Izquierda Republicana Elpidio Villaverde. Era aínda unha nena cando sofre o seu primeiro exilio. Marchou coa súa familia para Francia, onde xa estaba o seu pai a finais do ano 1936. Nese primeiro exilio, de preto de tres anos de duración, coñeceu a Ramón de Valenzuela. En outubro de 1939 embarcou cara a Bos Aires, xunto coa súa familia.Tardou cinco anos en volver a ver a Ramón de Valenzuela, incomunicado neste tempo en cárceres e campos de concentración. A parella reencontrouse no ano 1945 para casar. Pensaban vivir en Galicia pero en 1949 tiveron que exiliarse a Bos Aires. Alí traballou no Teatro Galego da Federación e dirixe xunto con Arturo Cuadrado o xornal "Galicia". Regresou novamente a España en 1966.“Dezasete anos durou o meu segundo exilio en Bos Aires. Era o primeiro en América de Ramón e dos nosos dous fillos nacidos na terra, que deron naquel mundo novo, acolledor e case sempre xeneroso. Alí onde tantos galegos, antes e mesmo despois, formarían o seu fogar e, fieis ás súas raíces, lograran crear sociedades que mantiñan vivo o espírito de Galicia” escribe Mariví Villaverde en Tres tempos e a esperanza.Ao seu oficio como escritora, tradutora e xornalista, tamén como actriz e impulsora do teatro, uniuse nos últimos anos o seu traballo no Consello pola Memoria e, desde o seu regreso, na lembranza da cultura do exilio.

Xa con máis de oitenta anos seguiu participando en todos os movementos sociais, nas reivindicacións en favor da lingua, contra a guerra e con motivo da catástrofe do Prestige.

Gardado en Presentacións 11 de abril de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez